Novas tarifas de Finetwork para persoas autónomas e PEMEs, con prezos máis baixos e novos servizos

A operadora española Finetwork vén de anunciar unha renovación completa das súas tarifas para persoas autónomas e pequenas empresas (PEMEs), apostando por prezos máis competitivos e novos servizos como TV a demanda e bonos de chamadas internacionais. Trátase dunha actualización que busca optimizar os custos das empresas sen renunciar á conectividade, facendo que sexa unha das opcións máis atractivas do mercado.

Novas tarifas de Finetwork para empresas

As novas opcións para negocios destacan pola súa combinación de fibra de alta velocidade, liñas móbiles con máis datos e servizos adicionais como TV ou chamadas internacionais. Dúas propostas que se concretan ccomo segue:

  • Tarifa PRO 1. Inclúe fibra óptica de 600 Mbps, unha liña móbil con 50 GB de datos e un bono de chamadas internacionais, por 23,90 € + IVE.
  • Tarifa PRO MAX 2: Ofrece fibra de 1 Gbps, liña fixa, dúas liñas móbiles con datos ilimitados, servizo TV Cine e Series e un bono de chamadas internacionais, por 39,90 € + IVE.

Esta actualización das tarifas para empresas chega só uns días despois da renovación do catálogo de tarifas residenciais, que tamén trouxo máis datos, máis velocidade e prezos máis axustados.

Agora, Finetwork aposta por solucións empresariais con descontos especiais para negocios con varias sedes, melloras no servizo O!FI Negocio, que inclúe centraliña virtual para unha xestión eficiente das chamadas, TV a demanda e bonos internacionais.

Con este movemento, Finetwork refórzase como unha das operadoras máis competitivas para empresas que buscan boas prestacións sen pagar de máis. Se traballas como persoa autónoma ou tes unha PEME e queres reducir custos en telecomunicacións, esta pode ser unha oportunidade interesante.

Sobre o autor

Reply