A poucos días do Mobile World Congress 2025, Sonim Technologies sorprende ao mercado coa presentación do seu novo XP Pro Thermal 5G, un smartphone robusto, pensado para profesionais que traballan en contornas extremas. Este dispositivo combina imaxen térmica avanzada, conectividade 5G e unha resistencia elevada nun deseño fino e funcional.
Unha ferramenta imprescindíbel para profesionais
O XP Pro Thermal 5G é un teléfono deseñado para aquelas persoas que traballan en sectores como a construción, a automoción, a enerxía, a seguridade ou a agricultura. Grazas á súa integración da cámara térmica FLIR Lepton 3.5 e á tecnoloxía MSX de Teledyne FLIR, permite detectar fugas térmicas, identificar sobrequecementos e mellorar a seguridade en ambientes de traballo difíciles.
Porén, o XP Pro Thermal 5G non só destaca pola súa capacidade térmica, senón tamén pola súa potencia e durabilidade. Está equipado cun procesador Snapdragon 7 Gen 3, 8GB de RAM e 256GB de almacenamento, ampliable ata 1TB.
Conta cunha batería de 5000 mAh, con carga rápida e inalámbrica, garantindo unha autonomía suficiente para toda a xornada laboral. Ademais, a súa pantalla FHD+ de 6,58″, protexida con Gorilla Glass Victus II, ofrece unha experiencia visual nítida incluso en condicións adversas.
O dispositivo cumpre con estándares de resistencia elevados, polo que soporta auga, po, golpes e temperaturas extremas. Certificacións de grao militar e un deseño ergonómico convérteno nun aliado perfecto para os traballos máis esixentes.
Aplicacións en sectores clave
Este smartphone é unha ferramenta imprescindible para diversos sectores profesionais, entre eles os que seguen:
- Mantemento eléctrico: detección de sobrequecementos ou posíbeis riscos de incendio.
- HVAC e fontanería: identificación de fugas ou bloqueos en tubaxes sen necesidade de intervencións invasivas.
- Seguridade e inspección: detección de riscos en condicións de pouca luz.
- Construción: identificación de fugas de aire ou problemas de illamento.
- Agricultura: supervisión da saúde do gando e detección de estrés nos cultivos.
- Seguridade pública: mellora da conciencia situacional en intervencións de emerxencia.
Ademais, o XP Pro Thermal 5G inclúe a aplicación Sonim IRIS, con compatibilidade para FLIR Thermal Studio, permitindo capturar, analizar e compartir datos térmicos en tempo real.
Lanzamento e dispoñibilidade
O XP Pro Thermal 5G estará dispoñible en Europa e Sudáfrica no segundo trimestre de 2025, con expansión a outros mercados máis adiante. O prazo de prevenda abrirase proximamente.
Seguramente teñamos información máis concretano Mobile World Congress que se celebra a próxima semana en Barcelona. Unha cita na que a compañía fará demostracións en directo sobre as capacidades deste terminal.