Samsung revoluciona a gama media con IA nos novos Galaxy A56 5G, A36 5G e A26 5G

Samsung reafirma a súa aposta pola intelixencia artificial (IA) na gama media coa presentación dos novos Galaxy A56 5G, Galaxy A36 5G e Galaxy A26 5G. Con estes dispositivos, a compañía surcoreana leva as prestacións avanzadas, até o de agora reservadas para os seus modelos premium, a un público máis amplo.

Os novos Galaxy A inclúen por primeira vez a tecnoloxía “Inteligencia Alucinante”, que integra funcionalidades potenciadas por IA para mellorar a experiencia do usuario. Entre as máis destacadas atópase Circle to Search, que permite buscar información simplemente debuxando un círculo arredor dun obxecto ou texto na pantalla.

Outra novidade relevante é a posibilidade de identificar cancións ao instante, sen cambiar de aplicacións. Ademais, o Galaxy A56 5G incorpora a función Melhor cara, que axusta expresións faciais en fotos de grupo para obter a imaxe perfecta.

Un saldo adiante en fotografía

A fotografía tamén experimenta unha mellora notábel. Todos os modelos contan cun sensor principal de 50 MP, garantindo capturas nítidas e detalladas. O Galaxy A56 5G engade unha cámara ultra gran angular de 12 MP, mentres que os modelos A36 5G e A26 5G manteñen un sensor de 8 MP.

Samsung tamén inclúe o Borrador de obxectos, que permite eliminar elementos non desexados das fotos, e a posibilidade de crear filtros personalizados baseados nas preferencias das ususarias.

Pantallas melloradas e maior autonomía

Os novos Galaxy A preséntanse con pantallas Super AMOLED FHD+ de até 6,7 polgadas, con brillo de 1.200 nits, garantindo unha experiencia visual inmersiva. En canto á autonomía, a batería de 5.000 mAh promete un rendemento sostido durante todo o día, con carga rápida de 45W nos modelos A56 5G e A36 5G.

A nivel de procesador, o Galaxy A56 5G equipa o Exynos 1580, mentres que o A36 5G opta polo Snapdragon 6 Gen 3, cun rendemento máis equilibrado, para xogos e multitarefa.

Samsung reforza a resistencia da serie Galaxy A cun deseño máis robusto e certificación IP67, que protexe contra a auga e o po. Ademais, a serie inclúe Samsung Knox Vault, un sistema avanzado de seguridade que protexe os datos persoais.

Disponibilidade e cores dos novos Galaxy A

Os novos Galaxy A estarán dispoñíbeis proximamente en diversas cores:

  • Galaxy A56 5G: Negro, Gris, Oliva e Rosa.
  • Galaxy A36 5G: Negro, Branco, Lima e Lavanda.
  • Galaxy A26 5G: Negro, Menta e Branco.

Con estas novidades, Samsung continúa avanzando na democratización da tecnoloxía, levando funcións premium a máis usuaria e facendo realidade a súa visión de “IA para todos”.

Sobre o autor

Reply