Xiaomi presenta as súa novas apostas en AIoT para un estilo de vida máis intelixente e conectado

A xornada previa ao inicio do Mobile World Congress 2025 converteuse no escenario elixido por Xiaomi para presentar a súa nova xeración de dispositivos AIoT, ademais de outros anuncios como o Xiaomi 15 Ultra. Desde auriculares premium até wearables avanzados e mobilidade urbana intelixente, a compañía reforza o seu compromiso coa innovación tecnolóxica.

Novos Xiaomi Buds 5 Pro e Xiaomi Buds 5 Pro (Wi-Fi): unha experiencia sonora premium

Os novos Xiaomi Buds 5 Pro chegan con tecnoloxías avanzadas como Snapdragon Sound e Qualcomm aptX Lossless, garantindo audio de alta fidelidade con até 2.1Mbps de taxa de transmisión. Estes auriculares inclún un sistema coaxial de triple driver con dobre amplificador, proporcionando sons graves profundos e medios equilibrados. Ademais, a cancelación de ruído activa de ata 55dB mellora a experiencia auditiva en calquera contorno.

A súa batería permite até 40 horas de reprodución co estoxo de carga e 4.5 horas de uso con só 10 minutos de carga rápida. Como novidade, os Buds 5 Pro inclún gravación de audio e tradución en tempo real mediante IA, ofrecendo unha experiencia de uso máis versátil e conectada.

Xiaomi presentou tamén a versión Wi-Fi dos Buds 5 Pro, os primeiros auriculares da marca con conectividade directa por Wi-Fi. Grazas a Snapdragon Sound e Qualcomm XPAN, ofrecen audio sen perdas a 96kHz/24bit con 4.2Mbps de taxa de transferencia. A súa estética futurista en cor Translucent Black combínase cun deseño ergonómico e acabados premium.

Novo Xiaomi Watch S4: control total sobre a saúde e o benestar

O Xiaomi Watch S4 aposta por unha pantalla AMOLED de 1,43 polgadas con taxa de refresco de 60Hz e un brillo de 1500 nits, garantindo unha visualización nítida en calquera situación. Conta con múltiples modos de personalización, biseles e correas intercambiábeis.

Entre as súa funcionalidades destacadas atópase o seguimento do estrés en tempo real, a monitorización continua de frecuencia cardíaca e os niveis de osíxeno en sangue. Ademais, incorpora máis de 150 modos deportivos e GPS de dobre frecuencia para un rastrexo preciso das actividades ao aire libre.

Xiaomi Electric Scooter 5 Max: unha nova era na mobilidade urbana

Xiaomi busca transformar a mobilidade urbana co seu novo Electric Scooter 5 Max, que incorpora un sistema de suspensión avanzado con dobre resorte hidráulico dianteiro e traseiro. Conta cun motor de 1000W que permite acadar velocidades de ata 25 km/h e afrontar pendentes de até o 22%.

A súa batería garante unha autonomía de ata 60 km, mentres que a carga rápida permite estar listo en tan só tres horas. A seguridade refórzase cun sistema de control de tracción (TCS) que evita deslizamentos en superficies molladas, ademais dun sistema intelixente de recuperación de enerxía.

Xiaomi Smart Band 9 Pro: elegancia e funcionalidade

Xiaomi presentou unha nova variante da súa Smart Band 9 Pro en cor branca crema, mantendo as súa prestacións avanzadas. A súa pantalla AMOLED de alta luminosidade permite unha visualización clara en exteriores, mentres que a autonomía de até 21 días con carga completa garante un uso prolongado.

Entre as súa características destacan o seguimento preciso da actividade física, animacións 3D para exercicios guiados e máis de 150 modos deportivos. Ademais, conta con GNSS integrado para un rastrexo preciso e melloras no monitor de frecuencia cardíaca e osíxeno en sangue.

Prezos e dispoñibilidade dos novos produtos de Xiaomi

Os novos dispositivos de Xiaomi estarán dispoñíbeis a través das canles oficiais da marca e distribuidores autorizados cos seguintes prezos:

  • Xiaomi Buds 5 Pro (Bluetooth): 199,99 €
  • Xiaomi Buds 5 Pro (Wi-Fi): 219,99 € (exclusivo en mi.com)
  • Xiaomi Watch S4: 159,99 € (Negro e Prateado) / 169,99 € (Arco da vella)
  • Xiaomi Electric Scooter 5 Max: 599,99 €
  • Xiaomi Electric Scooter 5 Pro: 499,99 €
  • Xiaomi Electric Scooter 5: 399,99 €
  • Xiaomi Electric Scooter Elite: 349,99 €
  • Xiaomi Smart Band 9 Pro (Branco crema): 79,99 €

Con estas novidades, Xiaomi reafirma a súa aposta por un ecosistema AIoT cada vez máis conectado, versátil e centrado na mellora da experiencia do usuario.

Sobre o autor

No Responses

Reply