Google actualiza Gemini: agora a IA pode usar a cámara do móbil

O MWC 2025 de Barcelona está a ser o epicentro das novidades tecnolóxicas, e Google non quedou atrás ao anunciar dúa novas funcionalidades para Gemini Live, a versión conversacional da súa intelixencia artificial. As novidades, centradas en mellorar a experiencia no smartphone, permiten a Gemini obter máis contexto para responder de maneira máis precisa ás solicitudes das usuarias.

Gemini Live with Video: a IA que ve a través da cámara

A incorporación máis novidosa é Gemini Live with Video, unha funcionalidade que permite que a IA use a cámara do móbil para capturar o entorno das usuarias e proporcionar respostas baseadas na información visual recibida. Esta tecnoloxía estaba sendo anticipada dende hai máis dun ano e agora por fin chega ás mans das usuarias de Android.

Trátase da primeira implementación real de Project Astra, o proxecto de Google especializado en recoñecer o contexto das conversas mediante vídeo en directo. Até o momento, Astra foi demostrado principalmente en wearables como gafas intelixentes, pero o seu obxectivo inicial era a integración en smartphones, e agora materialízase con Gemini Live.

Nunha das demostracións da Avenida Android no MWC, unha usuaria mostra a Gemini un xarrón no que está traballando e pídelle consello sobre como conseguir un acabado inspirado no deseño moderno de mediados do século XX. A IA analiza a imaxe en tempo real e recomenda cores e estilos axeitados para lograr o resultado desexado.

Gemini Live with Screenshare: compartindo pantallas con IA

Ademais da integración co vídeo, Google presentou Gemini Live with Screenshare, unha funcionalidade que permite compartir capturas de pantalla co asistente. A idea é facilitar a interacción con Gemini proporcionándolle contexto visual, por exemplo, para obter recomendacións de moda mentres se consulta unha tenda en liña. Como Gemini Live funciona como unha capa superior en Android, pode integrarse con calquera app instalada no dispositivo.

Dispoñibilidade das novas funcións de Gemini

As dúa funcionalidades serán lanzadas a finais de marzo de 2025, pero nun primeiro momento estarán dispoñibles só para as subscritoras de Gemini Advanced, dentro do plan Google AI Premium. Polo de agora, Google non confirmou cando chegarán a todas os usuarias de xeito gratuíto (ou tan se quera se to ten previsto).

Con estas novidades, Google reafirma a súa aposta pola intelixencia artificial aplicada ao día a día, facendo que a interacción coas nosas apps e dispositivos sexa máis intuitiva e eficiente.

Sobre o autor

Reply