Lowi dá un paso máis no mundo do entretemento ao incluír Disney+ na súa oferta de fibra e móbil por só 25€ ao mes. Con este movemento, a operadora convértese na primeira low cost en ofrecer acceso ao amplo catálogo de Disney+ sen custo adicional nos seus paquetes combinados.
A partir de agora, tanto a nova clientela como as usuarias actuais de Lowi poden gozar de Disney+ nos seus paquetes de fibra e móbil. Isto significa acceso ilimitado ás películas, series e documentais de Disney, Pixar, Marvel, Star Wars e National Geographic, ademais do contido exclusivo da canle Star.
Entre os contidos incluídos están títulos como The Bear, Solo asesinatos en el edificio ou Shōgun, así como clásicos como Anatomía de Grey e algunha das últimas estreas de cine como Vaiana 2 e Alien Romulus. Ademais, tamén estarán dispoñíbeis producións españolas como Invisible e Yo, adicto.
Plans dispoñíbeis con Disney+
As usuarias de Lowi poden escoller entre diferentes opcións segundo as súas necesidades:
- Fibra Fit de 300 Mb e 35GB de datos móbiles + Disney+ (plan estándar con anuncios) por 25€/mes.
- Fibra Fit de 600 Mb e 80GB de datos móbiles + Disney+ (plan estándar con anuncios) por 31€/mes.
- Fibra Fit de 300 Mb e 2 liñas de 35GB de datos móbiles + Disney+ (plan estándar con anuncios) por 40€/mes.
Tras este movemento, Lowi continúa apostando por tarifas sinxelas, permitindo que as usuarias xestionen os seus servizos de maneira rápida e sen complicacións, e consolidándose como unha das opcións máis atractivas do mercado para aquelas que buscan fibra, móbil e entretemento de calidade a prezos competitivos.