realme anunciou a serie 14 Pro e as súas innovacións en imaxe e IA no MWC

realme estrouse neste 2025 como expositor dentro da maior feira do móbil do mundo, o Mobile World Congress, que se está a celebrar esta semana en Barcelona. Precisamente na primeira xornada do evento, o luns, a compañía anunciou o lanzamento da serie 14 Pro e outras innovacións revolucionarias en imaxe e IA.

A realme 14 Pro series é a primeira gama de smartphones con cambio de cor sensíbel ao frío, unha aposta por acometer avances en deseño, imaxe e rendemento.

No caso do realme 14 Pro+, a súa cámara principal é un sensor principal Sony IMX896 OIS de 50MP emparellado co teleobxectivo periscópico Sony IMX882 de 1/2″, que permite un SuperZoom de 120X para capturar detalles afastados cunha claridade semellante á dunha DSLR. Dispón tamén de triple flash MagicGlow para retratos nocturnos de calidade, xunto con AI Ultra Clarity 2.0 para dar nitidez ás imaxes borrosas.

No seu interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 7s gen 3 5G e Next AI, así como unha batería de 6.000 mAh de capacidade con carga rápida de 80W. A súa pantalla, curvada e sen biseis, é de 1,5K e conta cunha relación pantalla/corpo do 93,8%. Tamén ofrece certificación de resistencia IP69/68/66, que permite gravar baixo a auga até 1 hora.

Pola súa banda, o realme 14 Pro combina un corpo ultrafino de 7,55 mm cunha batería de 6000 mAh. No interior alberga o procesador MediaTek Dimensity 7300 Energy 5G, e conta cun sensor principal Sony IMX882 OIS de 50 MP e AI Ultra Clarity 2.0. A pantalla mantense nas 6,7 polgadas con 120 Hz e a mesma durabilidade IP69/68/66 ca o Pro+.

realme 14x e Buds Air7

Complementando a serie 14 Pro, realme introduciu outros novos produtos, como o realme 14x 5G e os auriculares Buds Air7.

O realme 14x 5G, alimentado por un procesador MediaTek Dimensity 6300, conta cunha batería de 5.000 mAh. Destaca pola súa durabilidade con resistencia a golpes de grao militar, ideal para aquelas persoas que buscan un rendemento nun dispositivo robusto.

En canto aos realme Buds Air7, son os novos auriculares de realme. Ofrecen cancelación activa de ruído (ANC) de 52 dB, certificación sen fíos Hi-Res Audio, cunha autonomía de até 52 horas de reprodución (contando o estoxo de carga). Tamén destacan pola súa resistencia ao pó e auga IP55.

Dobrar o número de usuarias en tres anos

realme tamén aproveitou o seu paso polo MWC para falar dos seus obxectivos empresariais para os próximos anos. Coa experiencia de mercados como España, Italia e México, a compañía márcase como obxectivo medrar en máis de 100 mercados de todo o mundo, para poder así duplicar a súa base global de usuarias nos próximos tres anos e establecer unha forte presenza no mercad da gama media – alta.

Para conseguilo, a empresa articulou unha ampla folla de ruta centrada na planificación de produtos, a mellora da marca e as innovacións tecnolóxicas. No que smartphones se refire, realme aposta por tres series:

  • Serie GT: ofrece o máximo rendemento, gran experiencia de xogo, tecnoloxía IA e imaxes nítidas.
  • Serie Number: aposta polo rendemento e cámara de última xeración, así como un deseño diferencial.
  • Serie C: ofrece experiencia suave e duradeira no segmento máis accesíbel.

Dispoñibilidade e prezo da nova serie realme 14 Pro

A nova serie realme 14 Pro xa está dispoñíbel, con prezos que parten dos 529,99 € para o realme 14 Pro+, e 379,99 € para o realme 14 Pro. Como promoción de lanzamento, a compañía ofrece unha serie de descontos en diferentes canles:

  • realme 14 Pro+ (12 + 512 GB) (579,99 €): oferta de lanzamento a 529,99 €, con cargador SUPERVOOC de 120W de regalo até o 31 de marzo, en MediaMarkt e PcComponentes.
  • realme 14 Pro+ (8+256 GB) (529,99 €): oferta de lanzamento a 429,99 € até o 21 de marzo, en Amazon.
  • realme 14 Pro (12+512 GB) (479,99 €): oferta de lanzamento a 429,99 e, con regalo de realme Buds T110 e cargador SUPERVOOC de 67W, até o 31 de marzo en MediaMarkt e PCComponentes ou cos realme Buds Air6 e cargador SUPERVOOC de 120W en Amazon até o día 21 de marzo.
  • realme 14 Pro (8+256 GB) (429,99 €): oferta de lanzamento a 379,99 €, con regalo de cargador SUPERVOOC de 67W até o 31 de marzo en MediaMarkt e PCComponentes; ou con regalo de realme Buds Air6 e cargador SUPERVOOC de 120W até o 21 de marzo en Amazon.
  • realme 14X (8+256 GB) (239,99 €). Oferta de lanzamento a 219,99 € até o 17 de marzo, en PCComponentes, PhoneHouse, Amazon e Vodafone.
  • realme 14X (6+128 GB) (199,99 €). Oferta de lanzamento a 179,99 € até o 17 de marzo, en PCComponentes, PhoneHouse, Amazon e Vodafone.

En canto aos auriculares, os realme Buds Air7 poden adquirirse en Amazon por 69,99 €, neste caso sen promoción de lanzamento.

Sobre o autor

Reply