DIGI mellora a tarifa con datos ilimitados: a máis liñas, mellor prezo

DIGI continúa ampliando e mellorando a súa oferta, e agora chega cunha novidade moi interesante para as usuarias que buscan tarifas móbiles sen límites. A compañía reduciu o prezo das liñas adicionais na súa tarifa IlimiTODO, que ofrece chamadas e datos ilimitados, permitindo aforrar aínda máis.

Máis liñas, máis aforro

A partir de agora, as usuarias que contraten dúas liñas con IlimiTODO pagarán 12€ por cada unha, no canto dos 15 € habituais. Se se contratan tres ou máis liñas, o prezo baixa aínda máis, saíndo a 10 € por liña.

Pero as vantaxes son aínda maiores para aquelas persoas que combinen IlimiTODO co servizo de fibra de DIGI. Neste caso, os prezos quedan en 8 € por liña (para dúas liñas) ou 6 € / liña (para tres ou máis liñas).

Aforro tanto para clientes actuais como novos

Esta mellora aplícase automaticamente a toda a clientela que xa teñen contratada a tarifa IlimiTODO e, tamén está dispoñíbel para novas contratacións a través das canles habituais: puntos de venda, chamando ao 1200 / 642 642 642 ou na web digimobil.es

Con esta nova rebaixa, DIGI reafirma o seu compromiso de ofrecer tarifas competitivas e accesíbeis, mantendo sempre unha proposta atractiva para as usuarias que buscan unha boa relación calidade – prezo.

Sobre o autor

Reply