Tras a presentación das Xiaomi Pad 7 e Pad 7 Pro no MWC 2025, a marca xa ten novos modelos en desenvolvemento. Os rumores desde China apuntan a que a compañía lanzará en breve a Xiaomi Pad 7 Max, que destacará por ser a primeira tablet de Xiaomi cunha pantalla OLED de 14 polgadas e carga ultrarrápida de 120W.
Primeiros detalles desvelados.
Os primeiros rumores indican que a Xiaomi Pad 7 Max podería contar cunha pantalla OLED de 14 polgadas, destacando polas cores vivas e negros profundos (cómpre lembrar que o modelo anterior, a Pad 6 Max 14, viña cunha pantalla LCD de 14 polgadas con resolución 2.8K e taxa de refresco de 144 Hz).
Tamén disporá de até 24 GB de RAM e batería de alta capacidade, ao que se engadiría a carga de 120W, superando os 67W da Pad 6 Max. En canto á conectividade, os rumores apuntan a unha aposta polo WiFi 7 e Bluetooth 5.4.
Outras tablets en desenvolvemento
Os rumores sobre novas tablets de Xiaomi non quedan aí. Segundo apuntan varios medios chineses, ademais da Xiaomi Pad 7 Mad, o fabricantee estaría traballando nun modelo premium co procesador Spandragon 8 Elite e pantalla OLED (que podería ser a Xiaomi Pad 7S Pro ou Pad 7 Ultra) e unha tablet gaming de 8 polgadas baixo a marca Redmi, equipada co procesador Dimensity 9400+ de MediaTek.
Se os rumores son certos, a Xiaomi Pad 7 Max podería debutar o mes que vén, ampliando a liña de tablets de Xiaomi con melloras en pantalla, carga e rendemento. Estaremos atentas a futuras confirmacións que cheguen por parte da marca.