Movistar lanza o seu router WiFi 7 e adianta a chegada da fibra de até 10 Gbps

Movistar continúa modernizando a súa infraestrutura de conectividade e anunciou o lanzamento do seu novo router WiFi 7, que permitirá melloras significativas en velocidade e estabilidade da conexión sen fíos. Ademais, a operadora confirmou a actualización da súa rede de fibra óptica a XGS-PON, permitindo ofrecer velocidades de ata 10 Gbps.

Smart WiFi 7: o novo router de alta velocidade

O novo dispositivo, que probablemente se chame Smart WiFi 7, permitirá a conexión a WiFi 7, a tecnoloxía sen fíos máis avanzada ata o momento. Segundo información filtrada, Movistar denomina internamente este router como XHGU WiFi 7 e será compatíbel coa rede XGS-PON, permitindo conexións de até 10 Gbps.

Seguindo a liña dos anteriores routers de Movistar, Askey sería o fabricante deste novo modelo, que disporía de catro antenas para garantir velocidades ultra rápidas. Ademais, disporía de portos LAN de 10 Gbps, polo menos un deles con soporte para Ethernet de alta velocidade.

Fibra óptica XGS-PON: ata 10 Gbps en 2025

Durante o Mobile World Congress 2025, Movistar tamén anunciou a actualización da súa rede de fibra óptica a XGS-PON, unha tecnoloxía que permite alcanzar velocidades de 9,95 Gbps de subida e baixada.

Esta actualización permitirá á operadora lanzar novos plans de Internet de ultra alta velocidade e competir con outros operadores que xa están a ofrecer fibra a 10 Gbps, como Digi ou Orange.

Un paso adiante para Telefónica

A chegada do Smart WiFi 7 e a expansión da fibra XGS-PON supoñen un gran avance para Telefónica na aposta por ofrecer conexións máis rápidas e eficientes.

Se ben aínda non hai unha data exacta para a chegada de ambos produtos, a operadora adiantou que será ao longo deste ano 2025, polo que se es usuaria da compañía poderás beneficiarte destas novas tecnoloxías que revolucionarán a conectividade doméstica proximamente.

Sobre o autor

Reply