O mercado dos libros dixitais segue en evolución, e SPC quere facilitar a experiencia de lectura coa chegada do SPC DICKENS LIGHT 2 PRO, un eReader que permite a transferencia de eBooks sen necesidade de conexión WiFi, grazas á súa conectividade USB-C.
Este novo modelo da gama DICKENS mellora as súas prestacións cunha pantalla táctil de 6 polgadas con tecnoloxía E-Ink Carta, que ofrece unha experiencia de lectura fluída e natural, sen cansar a vista. Ademais, permite axustar a intensidade da luz en 6 niveis e modificar a temperatura da cor, garantindo unha comodidade óptima en calquera condición de iluminación, incluso de noite.
O SPC DICKENS LIGHT 2 PRO tamén se adapta ao estilo de cada usuaria, permitindo a lectura en modo vertical e horizontal, facilitando o desprazamento de páxina e o zoom, e contando con 6 niveis de axuste do tamaño de letra para unha experiencia totalmente personalizada.

A súa memoria interna de 8 GB, pode ampliarse en até 32 GB cunha tarxeta microSD, o que permite almacenar máis de 8.000 libros en diversos formatos como EPUB, PDF, TXT, MOBI, DOC e HTML. Ademais, incorpora un diccionario integrado para facilitar a lectura de contidos sen necesidade de conexión.
A transferencia de libros pode facerse sen necesidade de WiFi, conectando o libro directamente desde un ordenador mediante USB-C, sen depender de plataformas online, o que pode ser un punto a favor para persoas menos dixitalizadas ou que prefiren unha xestión máis sinxela para ter o control da súa biblioteca dixital.

Deseñado para ser ergonómico e práctico, o SPC DICKENS LIGHT 2 PRO ten un grosor de 9 mm e pesa 191 gramos. Ademais, a súa batería de 1.500 mAh ofrece unha autonomía de até un mes con unha soa carga, garantindo un uso prolongado sen preocupacións.
Prezo e dispoñibilidade do SPC DICKENS LIGHT 2 PRO
O SPC DICKENS LIGHT 2 PRO estará dispoñíbel a finais deste mes de marzo en dous acabados, DEEP SKY e DARK MATTER, cun prezo recomendado de 119,90 €.
Con esta aposta, SPC reafirma o seu compromiso coa lectura dixital accesíbel e flexíbel, ofrecendo un dispositivo intuitivo, versátil e sen barreiras de conectividade.