A operadora O2, a segunda marca comercial de Telefónica, vén de actualizar a súa oferta de fibra e móbil con dúas importantes novidades: o lanzamento dunha nova tarifa máis económica con Movistar Plus+ incluído, e o dobre de velocidade de fibra sen custo adicional. Dúas melloras que xa están dispoñíbeis tanto para a nova clientela como para as usuarias actuais, sen cambios nas condicións de prezo ou permanencias.
Movistar Plus+, fibra e móbil por 38 €.
O2 anunciou unha nova tarifa que inclúe fibra simétrica de 600 Mbps (que ademais ten teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles), unha liña móbil con 5G+ e a subscrición a Movistar Plus+ por 38 €/mes.
Como alternativas, a compañía ofrece polo mesmo prezo unha conexión de 1 Gbps con móbil con chamadas ilimitadas e 120 GB de datos sen televisión. De querer esta velocidade de 1 Gbps e televisión, a opción custa 50 €/mes, e leva asociada unha liña móbil con 350 GB de datos.
Dobre de velocidade de fibra
A outra gran novidade é a mellora da súa proposta de só fibra, que por 27 €/mes pasa dos 300 aos 600 Mbps de velocidade. Inclúe, como en todas as tarifas de fibra de O2, o servizo de teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.
Aquelas persoas que precisen máis velocidade, poden elixir a proposta de 1 Gbps por 31 €/mes, que se mantén sen cambios nas súas condicións.
O2 segue apostando pola calidade sen ataduras
Con estas melloras, O2 reafirma o seu compromiso de ofrecer unha experiencia de conexión óptima e sen ataduras, xa que todas as súas tarifas están dispoñíbeis sen permanencia e con instalación gratuíta.
A incorporación de Movistar Plus+ á súa oferta nunha nova tarifa máis económica amplía as opcións dispoñíbeis para as usuarias que buscan unha oferta combinada de fibra, móbil e entretemento máis simple e con prezos claros.