A industria dos robots de limpeza dá un salto cualitativo cun novo lanzamento de produtos de iRobot. A compañía, unha das empresas líderes en robótica de consumo, presentou a súa nova gama de robots Roomba 2 en 1, que combinan aspiración e fregado, e que inclúen tecnoloxías avanzadas como compactación de suciedade e mopas xiratorias retráctiles, deseñadas para unha limpeza profunda e eficaz.
Máis potencia, intelixencia artificial (IA) e navegación avanzada
Os novos modelos de Roomba incorporan avances tecnolóxicos que optimizan a experiencia de limpeza, a comezar pola potencia se succión mellorada, até 70 veces máis potente ca xeración anterior. Tamén inclúe navegación ClearView Lidar, que mellora a detección e esquiva os obstáculos e IA PrecisionVision, que identifica mediante IA os obxectos do fogar.
Estes avances tamén chegan á creación de mapas, agora máis precisos para unha limpeza máis eficiente, e á detección automática de alfombras, o que evita o fregado de zonas con tecido, adaptando a limpeza a cada espazo.
A nova xerarquía de modelos Roomba 2025
Para facilitar a elección do modelo ideal para cada usuaria, iRobot implementou unha nomenclatura máis clara e intuitiva.
- Roomba 105 Combo: Succión ultra potente para unha limpeza máis eficaz.
- Roomba 205 DustCompactor™ Combo: Primeira tecnoloxía de compactación de residuos secos, permitindo almacenar a suciedade durante meses.
- Roomba Plus 405 Combo + Base AutoWash: Fregado profundo con base autónoma que se autolimpa despois de cada uso.
- Roomba Plus 505 Combo + Base AutoWash: Mellora a limpeza de esquinas coa tecnoloxía PerfectEdge e unha estación multifuncional que aspira, frega, lava e seca mopas automaticamente.
A nova xeración de Roomba destaca tamén polo seu deseño elegante e moderno, algo que tamén se aplica ao novo packaging, con deseño en cor verde vibrante e información destacada sobre as características clave de cada modelo.
Dispoñibilidade e reserva
Os novos modelos de Roomba 2025 están dispoñíbeis en prevenda en España e Europa desde hoxe a través de iRobot.com, e poderanse adquirir en tenda a partir do 23 de marzo de 2025.