Movistar lanza unha promoción para instalar fibra FTTR ao 50% até o 31 de marzo

A tecnoloxía FTTR (Fiber to the Room) está a gañar protagonismo no sector das telecomunicacións, e Movistar quere atraer máis clientes a esta modalidade de fibra premium. A compañía azul acaba de lanzar unha promoción que reduce a metade os 120 euros de custo de instalación, facendo máis accesíbel esta solución que permite garantir cobertura en todos os recunchos do fogar.

A fibra FTTR, que comercializan Movistar desde finais de 2023 e as compañías do Grupo Euskaltel desde mediados do ano pasado, diferéncianse do WiFi en que ao levar fibra até os diferentes cuartos minimízanse as interferencias e perdas de sinal, ofrecendo un rendemento superior en espazos grandes ou con moitas barreiras físicas.

Entre as principais vantaxes están, ademais da cobertura total, a estabilidade da conexión, a baixa latencia, e o soporte para múltiples dispositivos sen perda de rendemento.

Instalación ao 50% até o 31 de marzo

O principal atranco para contratar este servizo é o custe adicional que supón na factura. Se ben até o de agora viña requirindo o desembolso de 120 euros pola instalación, agora Movistar tena promocionada ao 50%, polo que o custe será de 60 €.

A esta cantidade hai que sumar a cota mensual polo servizo de 10 €/mes, e unha permanencia do servizo de 24 meses, con 100 € de penalización máxima por baixa anticipada. Ademais, as clientas de miMovistar ou Fusión poden engadir até 3 kits extra por 90 € adicionais cada un, algo que só compensará no caso de ter unhas necesidades moi concretas de conectividade.

Sobre o autor

Reply