Pixel 9a: O novo smartphone de Google con AI, cámaras premium e 7 anos de actualizacións

Google acaba de presentar o Pixel 9a, o novo integrante da súa serie máis accesíbel, que chega con melloras substanciais en fotografía, autonomía e intelixencia artificial. Con Gemini integrado, unha cámara de 48 MP, batería de ata 30 horas e até 7 anos de actualizacións, este móbil está listo para ofrecer unha experiencia premium a un prezo máis competitivo.

Unha cámara para sorprender: fotografía profesional sen esforzo

O Pixel 9a inclúe unha cámara principal de 48 MP con estabilización óptica de imaxe (OIS) e unha lente ultra gran angular de 13 MP, que permiten capturar imaxes con gran detalle e cores vibrantes. Entre as súas funcións máis destacadas están:

  • Enfoque Macro: captura detalles minúsculos con gran precisión.
  • Modo Nocturno: fotos espectaculares en condicións de pouca luz.
  • Astrofotografía: grava vídeos das estrelas (funcionalidade que se inclúe por primeira vez na serie A).
  • Tono Real: reflicte con fidelidade os tons de pel en fotos e vídeos.
  • Inclúeme: para asegurarte de que ninguén queda fóra dunha foto de grupo.

Ademais, a IA de Google mellora as imaxes con ferramentas como Editor Máxico, Enfocar Foto ou Reimaxinar, que permiten modificar fondos, mellorar o encadre ou aplicar efectos avanzados cun simple toque.

H1 2025 Family Bundles

Pantalla, rendemento e autonomía

O Pixel 9a incorpora unha pantalla Actua de 6,3 polgadas con tecnoloxía pOLED e unha taxa de refresco adaptativa de 60 a 120 Hz. A súa resolución FHD+ (1080 x 2424) garante cores vibrantes e gran nitidez, mentres que o seu brillo de ata 2700 nits permite unha visibilidade perfecta incluso a plena luz do día. A protección Corning Gorilla Glass 3 aumenta a súa resistencia aos arañazos, complementando así o seu deseño duradeiro.

Gemini Live Photoshoot

No seu interior, o novo móbil de Google está impulsado polo procesador Google Tensor G4, optimizado para tarefas de intelixencia artificial e seguridade avanzada. Xunto aos seus 8 GB de RAM e opcións de almacenamento de 128 GB ou 256 GB, garante un rendemento fluído, tanto para multitarefa como para xogos ou edición de fotos.

A súa batería de 5100 mAh permite unha autonomía de ata 30 horas, e co modo Extreme Battery Saver, pode alcanzar as 100 horas. Ademais, inclúe carga mediante cable de 23 W e carga sen fíos Qi para maior comodidade.

Deseño premium, resistencia IP68 e 7 anos de actualizacións

O Pixel 9a é o móbil máis duradeiro da A-Series lanzado até o de agora. Ten un marco de aluminio reciclado e certificación IP68, o que o fai resistente á auga e ao po. Ademais, está dispoñíbel en catro cores elegantes: Obsidian, Porcelana, Iris e Peonía. O seu deseño foi inspirado na natureza, con liñas suaves e unha cámara minimalista, ofrecendo unha estética premium a un prezo máis accesible.

No que ten que ver co software, Google promete 7 anos de actualizacións de Android, seguridade e Pixel Drops, garantindo que o Pixel 9a se manteña actualizado e protexido. O dispositivo inclúe o procesador de seguridade Titan M2 e VPN de Google sen custo adicional, ofrecendo unha protección avanzada contra malware e ataques de phishing.

Ademais, incorpora desbloqueo facial e por pegada dixital, xunto con funcións de seguridade como detección de accidentes de tráfico e alertas de emerxencia.

Dispoñibilidade e prezo do Pixel 9a

O Pixel 9a estará dispoñíbel a partir de abril de 2025, cun prezo de 549€ para a versión de 128 GB e 649€ para a de 256 GB. Inclúe promocións como 3 meses de Google One e YouTube Premium de balde, co obxectivo tamén de dar a coñecer estes servizos de subscrición ás usuarias.

Como ven sendo habitual na liña A de Google, o novo Pixel 9a combina as mellores características dos móbiles de Google a un prezo máis accesíbel, sendo sen dúbida unha das mellores opcións na gama media premium que poderemos adquirir.

Sobre o autor

Reply