SPC vén de dar a coñecer a nova xeración de tablets SPC GRAVITY, dous modelos que chegan con deseño renovado e características actualizadas. Entre os aspectos que máis destacan están as pantallas IPS Incell de 11 e 10,1 polgadas, a conexión WiFi de dobre banda e un deseño que inclúe un chasis metálico dispoñíbel en cinco cores.
A SPC GRAVITY 11, pensada para aquelas persoas que buscan unha tablet básica para consumo multimedia, inclúe un panel de 11 polgadas con resolución HD (1200 x 800), altofalantes duais e cámaras con gravación en 1080p.

O seu procesador é un modelo de oito núcleos, e dispón de 4 GB de memoria RAM. A súa capacidade de almacenaxe é de 128 GB, ampliábel mediante tarxetas microSD, e a batería de 6.000 mAh, capaz de ofrecer 7 horas de autonomía. Porén, o aspecto máis destacado é a inclusión de WiFi de dobre banda.
A SPC Gravity 10.1 comparte boa parte das especificacións, nun tamaño máis compacto de 10.1 polgadas: conserva o mesmo procesador e os mesmos 4 GB de RAM, baixando a capacidade interna a tan só 64 GB. A súa batería fica nos 5.000 mAh, mais ofrecendo unha autonomías superior ao outro modelo, de 9,5 horas.
Novas SPC Gravity: dispoñibilidade e prezo
A SPC GRAVITY11 está dispoñíbel en tres cores vibrantes -Royal Blue (azul), Imposter Red (vermello) e Dark Matter (negro)- por 149,90 €, mentres que a SPC GRAVITY 10.1 pode adquirirse por 129,90 € en Ender Purple (lilá), Mint Cucumber (verde) e Dark Matter (negro).

Para completar a experiencia, SPC ofrece accesorios oficiais, que inclúen unha carcasa protectora con teclado para o modelo de 11 polgadas, e unha carcasa protectora infantil, en cor azul para o modelo de 11 polgadas e en morado para o de 10.1.