O2 vitamina as súas tarifas móbiles máis económicas con máis datos

O2 aproveitou este mes de marzo para facer importantes retoques no seu portfolio de tarifas. Se hai uns días destacamos a nova proposta de fibra e televisión, hoxe toca falar de tarifas de só móbil. A compañía aproveitou a entrada en vigor dun novo ciclo de facturación, o 18 de marzo, para engadir máis datos ás franquías que ofrecen os plans máis económicos.

Novos plans móbiles de O2: máis datos polo mesmo prezo

Os cambios nas tarifas de O2 afectan a tres dos catro plans de móbil que ofrece a compañía. As propostas de 7, 10 e 15 € aumentan entre 8 e 25 GB, sen que iso afecte ao prezo que as usuarias pagan a final de mes.

AntesAgoraPrezo
Minutos ilimitados + 12 GBMinutos ilimitados + 20 GB7 €
Minutos ilimitados + 30 GBMinutos ilimitados + 40 GB10 €
Minutos ilimitados + 75 GBMinutos ilimitados + 100 GB15 €
Minutos ilimitados + 150 GBSen cambios20 €

Grazas a estes cambios, O2 sitúase un chanzo máis próximo ás propostas iniciais da súa principal competencia, como Lowi, que ofrece chamadas e 30 GB por 8 €; Simyo, con 18,5 GB e chamadas por 7,5 €/mes; e mesmo Digi, que ofrece chamadas e 15 GB por 5 €/mes ou 30 GB por 8 €/mes.

Con todo, esta aproximación ás tarifas da competencia non fan de O2 a compañía máis económica, mais reduce distancias nunha marca que destaca pola calidade da rede e os servizos avanzados. Até o de agora, é a única marca deste tipo con acceso ao 5G+, e suma servizos como multiSIM, eSIM, voLTE e voWiFi, ademais de incluír espazo na nube de balde.

Sobre o autor

Reply