ZTE anunciou a chegada ao mercado español da súa nova serie de smartphones nubia, que inclúe dispositivos innovadores con tecnoloxía de Intelixencia Artificial (IA) incorporada. A partir de abril, estarán dispoñíbeis os modelos nubia Flip 2, nubia Focus 2, nubia Focus 2 Ultra e nubia Music 2, mentres que en maio chegará o nubia Neo 3 GT, deseñado especificamente para aquelas usuarias amantes do gaming.
Con esta nova gama, ZTE aposta por dispositivos adaptados a diferentes perfís de usuarias, desde aquels persoas que buscan unha experiencia fotográfica profesional até as que queren gozar da mellor calidade de audio ou do máximo rendemento nos videoxogos.
Especificacións destacadas da nova serie nubia
Cada un dos dispositivos da serie ofrece unhas características destacadas diferenciais, orientándose -como xa avanzamos- a públicos distintos.
O nubia Flip 2 é a evolución do modelo encartábel de ZTE, melorado en aspectos como a bisagra reforzada, a pantalla externa de 3 polgadas, melloras na cámara e novas funcións de IA (como tradución en tempo real nas chamadas) e unha configuración de 8 + 256 GB.

Pola súa banda, o nubia Music 2 destaca polo seu deseño máis atrevido, e por ofrecer un audio de alta calidade. Integraun triple altofalante con audio 2.1 para un son inmersivo, altofalante traseiro con forma de vinilo que acada máis de 100 dB, así como luces LED que se sincroniza co ritmo da música. Chega nunha única configuración de 4 + 128 GB por 129 €.

Os nubia Focus 2 e Focus 2 Ultra están deseñados para as amantes da fotografía. Contan cun anel xieratorio tipo réflex para axustar zoom e apertura, e un botón físico para disparo instantáneo. Entre as funcións de IA destacan o Magic Editor e a optimización automática das fotos. Os Focus 2 custará 229 € (8 + 256 GB) e o Focus 2 Ultra, 239 € (8 + 512 GB).

Por último, o nubia Neo 3 GT, que chegará no mes de maio, está pensado para as amantes dos videoxogos. Entre os seus elementos destacados están os gatillos lateriais físicos para mellorar a precisión, as luces LED traseiras e un modo gaming avanzado. Ten tamén un menú gaming accesíbel sen pausar o xogo e IA Behavioral Learning, que aprende os hábitos de xogo para optimizar a distribución de teclas. Venderase por 349 € nunha configuración de 12 + 256 GB.

En todos eles, ZTE aposta pola IA para mellorar o uso diario dun ou de outro xeito. Entre as súas funcións avanzadas temos AI Neovision Photography (mellora das fotos en tempo real), AI Call Translate (tradución simultánea en máis de 15 idiomas), AI Motion Snapshot (captura intelixente en movemento) e Magic Editor (edición avanzada con IA).
Dispoñibilidade dos novos smartphones ZTE nubia
A partir do 1 de abril, os novos modelos de ZTE nubia estarán dispoñíbeis en El Corte Inglés. O fabricante avanza que en breve confirmaranse tamén os operadores e outros distribuidores que terán estes modelos nos seus catálogos.