LG Gram Book: produtividade e mobilidade sen límites

O novo integrante da familia LG Gram chega para revolucionar a experiencia de traballo e entretemento portátil, combinando lixeireza, potencia e autonomía para ofrecer un rendemento óptimo en calquera lugar.

O LG Gram Book destaca polo seu deseño ultraligero de tan só 1.690 gramos, facilitando a súa portabilidade sen comprometer a durabilidade. O acabado en prata titanio non só lle confire un aspecto elegante, senón que tamén asegura unha gran resistencia a arañazos e o desgaste diario. Ademais, a súa pantalla en formato 16:9 con tecnoloxía IPS antirreflexos permite visualizar contidos con gran claridade, favorecendo tanto a produtividade como o entretemento.

Para aquelas persoas que buscan desfrutar de contidos multimedia no seu portátil, o LG Gram Book incorpora a tecnoloxía de son Dolby Atmos 3D, garantindo unha experiencia inmersiva con audio realista e envolvente. A pantalla de alta calidade permite gozar de películas e series cunha imaxe nítida e cores vibrantes.

Equipado cun procesador Intel Core de última xeración, configuracións de até 32 GB de RAM e 1 TB de SSD, este portátil ofrece un rendemento excepcional, permitindo multitarefa sen interrupcións. A súa batería de longa duración, con até 10 horas de autonomía, permite traballar ou estudar sen preocuparse por cargar o dispositivo constantemente.

En termos de seguridade, conta cunha tapa física para a cámara, brindando maior privacidade e control aos usuarios.

Conectividade avanzada, ampliación e flexibilidade

O LG Gram Book facilita a colaboración grazas á tecnoloxía Gram Link, que permite a transferencia de ficheiros e o uso compartido de pantalla entre ata 10 dispositivos, independentemente do sistema operativo (Android ou iOS). Ademais, inclúe Windows 11 preinstalado e Copilot, o asistente intelixente de Microsoft que mellora a produtividade mediante funcións avanzadas como a redacción automática de documentos e a xestión optimizada de información.

Outro dos dos puntos fortes do LG Gram Book é a súa capacidade de ampliación, con dúas ranuras para SSD e dúas para memoria RAM, permitindo actualizar e adaptar o dispositivo segundo as necesidades de cada usuaria. Esta flexibilidade garante un rendemento duradeiro e unha maior vida útil do equipo.

Prezo e dispoñibilidade

O LG Gram Book está dispoñíbel cun prezo inicial de 799€. Ademais, por tempo limitado, as usuarios que adquiran o dispositivo a través da web oficial de LG recibirán de agasallo un monitor LG 24MR400, facendo desta oferta unha excelente oportunidade para mellorar o espazo de traballo.

Con esta nova incorporación á familia Gram, LG quere reafirmar o seu compromiso coa innovación, ofrecendo solucións avanzadas para aquelas que buscan un equilibrio perfecto entre produtividade, conectividade e mobilidade.

Sobre o autor

Reply