En plena era dixital, a conectividade é esencial para particulares, empresas, profesionais e eventos. A necesidade de dispoñer dunha conexión estábel, segura e flexíbel en calquera momento e lugar fai que surxan novas alternativas que desafían os modelos tradicionais. Nese contexto, Boltia Wifi preséntase como unha solución que aposta por unha conectividade portátil adaptada ás necesidades de cada usuaria.
Un servizo pensado para ser flexíbel
Boltia Wifi está especializada no alugueiro de dispositivos MIFI/Router e en servizos de conectividade WiFi portátil. A súa proposta busca revolucionar a maneira en que profesionais e empresas acceden a Internet, proporcionando unha conexión segura e flexíbel tanto no Estado español coma no resto de Europa.
A súa proposta comercial baséase en cinco piares fundamentais:
- Conexión segura e protexida: As redes WiFi públicas poden representar un risco para os datos. Os servizos de Boltia Wifi garanten un acceso cifrado e seguro, evitando vulnerabilidades.
- Flexibilidade total: As usuarias poden activar e desactivar o servizo segundo as súas necesidades, sen compromisos de permanencia nin paquetes ríxidos.
- Pago polo uso real: Un sistema de facturación transparente sen custos ocultos nin sorpresas inesperadas.
- Alta velocidade en toda Europa: Conectividade 4G e 5G no Estado español e no resto do continente para garantir unha experiencia fluída.
- Adaptación a eventos e necesidades empresariais: Dispositivos plug & play configurados a medida, cunha infraestrutura escalábel para garantir estabilidade e cobertura en situacións de alta concorrencia.
Unha alternativa para todo tipo de usuarias
Boltia Wifi busca chegar a distintos perfís profesionais e empresariais, desde axencias de viaxes, operadores turísticos, produtoras audiovisuais ou organizadores de eventos, até grandes multinacionais e consultoras. Con opcións adaptadas a cada necesidade, garante unha conectividade estábel, sen límites e sen restricións.

Ademais, a compañía ofrece plans específicos para particulares, cun Módem portátil premium 5G por 18 € e unha opción máis accesible de módem portátil 4G por 6 €.
Club BoWi: unha solución de conectividade baixo demanda
Para aquelas usuarias que buscan un servizo máis flexíbel , Boltia Wifi ofrece o Club BoWi, unha modalidade que permite acceder aos dispositivos Mifi sen pagar cotas innecesarias cando non se utilicen.
- Acceso ao Club BoWi: Desde 6€/mes (cota fixa), inclúe o mantemento da liña, acceso aos dispositivos Mifi e un seguro.
- Tarifa Flex: Desde 24€/mes, un plan de datos sen límites que só se paga os meses de uso.
- Adquisición do dispositivo: Tras 12 meses de subscrición ao Club BoWi, o Mifi 4G pódese adquirir por só 12€ adicionais, e o Mifi 5G por 24€ despois de 24 meses.
Atención ao cliente
Segundo apunta a compañía, outro dos puntos fortes de Boltia Wifi é a súa aposta pola atención ao cliente, cun soporte rápido e eficiente. A compañía pon o foco na proximidade e na optimización do servizo, asegurando unha conexión sen interrupcións para que profesionais e empresas poidan traballar con liberdade e seguridade.

Nun mundo cada vez máis dixitalizado, onde a mobilidade e a flexibilidade son esenciais, Boltia Wifi preséntase como unha solución diferencial dentro do mercado da conectividade portátil. Con servizos adaptados a empresas, profesionais e eventos, destaca pola súa seguridade, flexibilidade e atención personalizada, garantindo unha conexión estable en calquera momento e lugar.
Máis info | Boltia Wifi
