O2 amplía as opcións con televisión, agora incluíndo Netflix

Pouco a pouco O2 foi introducindo o servizo de televisión na súa oferta combinada de fibra e móbil. Se inicialmente fíxoo introducindo Movistar Plus+ unicamente como plan máis premium, vencellado á súa fibra de 1 Gbps, hai unhas semanas sorprendeu cunha segunda tarifa que permite desfrutar da televisión de Movistar a un prezo máis económico: fibra 600 Mbps + móbil con 35 GB e Movistar Plus+ por 38 euros ao mes.

Atendendo ás esixencias dun sector tan cambiante como o telco, a segunda marca de Telefónica decidiu continuar coa actualización da súa oferta e comezar o mes de abril cunha nova proposta máis completa que inclúe tamén o servizo de Netflix.

A nova tarifa inclúe, por 45 euros ao mes:

  • Fibra de 600 Mbps con teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.
  • Móbil con 60 GB e chamadas ilimitadas.
  • Movistar Plus+
  • Netflix Estándar con anuncios.

Como é habitual na oferta desta operadora, non existen permanencias asociadas a este contrato, polo que poderemos estar vencellados á compañía unicamente o tempo que queiramos.

Con esta nova alternativa, O2 responde ás demandas das usuarias que queren ter todos os servizos vencellados ao consumo dixital nunha única factura, cun prezo claro e fixo que pagar mes a mes, o que permite facer un control máis exhaustivo do que pagamos mes a mes en subscricións.

Cómpre lembrar ademais que O2 é das poucas operadoras que están a ofrecer servizos de conectividade avanzada, como 5G+, multiSIM ou eSIM.

Sobre o autor

No Responses

Reply