A operadora de baixo custo Simyo, pertencente ao Grupo MasOrange, vén de anunciar unha importante mellora nas súas tarifas móbiles e combinadas, engadindo máis datos sen incrementar os prezos. A actualización tivo efecto a partir do 1 de abril e beneficiará tanto ás usuarias de tarifas só móbil como a aquelas perosas que teñan paquetes de fibra e móbil.
Máis datos polo mesmo prezo
A mellora nas tarifas de Simyo supón un incremento da franquía de datos dispoñíbeis sen custo adicional Entre os cambios máis destacados están:
- A tarifa de 4 GB pasa a ofrecer 8 GB (5 €/mes)
- O plan de 18 GB aumenta a 25 GB (7,5 €/mes)
- O plan de 40 GB pasa a 50 GB (10 €/mes)
- O plan de 80 GB amplíase até os 120 GB (14 €/mes)
- Mantense sen cambios a opción de 20 0GB por 17€.
Ademais das tarifas móbiles, as combinacións de fibra e móbil tamén reciben unha actualización:
- Fibra 300Mb + móbil 50 GB (antes 40 GB) por 31,99€.
- Fibra 600Mb + móbil 120 GB (antes 80 GB) por 37,99€.
- Fibra 1Gb + móbil 200 GB mantense por 45,99€.
Estas melloras tamén afectan ás liñas adicionais para aquelas clientas que xa teñan unha tarifa de contrato de 7 € ou máis. As novas condicións para estas liñas son:
- 8 GB (antes 4 GB) + chamadas ilimitadas por 3€.
- 25 GB (antes 18 GB) + chamadas ilimitadas por 5€.
- 50 GB (antes 40 GB) + chamadas ilimitadas por 8€.
- 120 GB (antes 80 GB) + chamadas ilimitadas por 10€.
- 200 GB + chamadas ilimitadas por 12€.
O cambio aplícase de forma automática
Un dos puntos fortes desta actualización é que as melloras aplicaranse automaticamente a todas as usuarias de Simyo, sen necesidade de realizar ningunha xestión. A clientela da compañía verá os novos límites de datos reflectidos na súa Área Persoal e na app da operadora.
Para aquelas usuarias de contrato con ciclo 1, o cambio aplicouse onte, o 1 de abril, mentres que aquelas que inician o ciclo o día 20 verano actualizado o 20 de abril. No caso das usuarias de prepago, a actualización efectuarase na seguinte renovación da tarifa.
Cobertura 5G e sen permanencia
Simyo mantén a súa aposta por unha conectividade flexíbel e accesíbel, con todas as tarifas móbiles dispoñíbeis sen compromiso de permanencia e con cobertura 5G en todo o territorio. Ademais, todos os prezos indicados xa inclúen o IVE.