Motorola ten novo dispositivo de gama alta. A compañía ven de presentar o Motorola Edge 60 Fusion, un smartphone que destaca por ser o primeiro en contar cunha pantalla curvada nos seus catro lados con cores validadas por Pantone. Ademais, este dispositivo integra a intelixencia artificial moto ai de forma nativa, garantindo unha experiencia máis intuitiva e fluída.
Motorola Edge 60 Fusion: unha aposta polo deseño
O Motorola Edge 60 Fusion rompe destaca principalmente pola súa pantalla pOLED de 6,67 polgadas, que ofrece unha experiencia visual inmersiva grazas á súa resolución Super HD (1220p) e unha taxa de refresco de 120 Hz. Pero o que realmente fai destacar esta pantalla é a súa curvatura nos catro lados, conseguindo unha transición perfecta entre o panel e a parte traseira.
Ademais, Motorola aliouse co Pantone Colour Institute para ofrecer unha paleta de cores premium con acabados en coiro vegano e texturas inspiradas nun lenzo artístico. De feito, as usuarias poderán escoller entre tres cores: Pantone Zephyr, Pantone Slipstream e Pantone Amazonite.

Funcionalidades IA e fotografía avanzada
O Motorola Edge 60 Fusion é o primeiro dispositivo da marca con moto ai de forma nativa, de cara a facer que as tarefas cotiás sexan máis prácticas e rápidas. Algúns dos comandos máis destacados son prestar atención, recordar isto e Magic Canvas.
Con “prestar atención” poderemos gravar, resumir e transcribir audio automaticamente para crear notas, mentres que “recordar isto” captura momentos en directo ou información en pantalla para gardar e consultar máis tarde. Por último, “Magic Canvas” crea imaxes xeradas por intelixencia artificial a partir de descricións de texto.

En canto á fotografía, Motorola equipou este dispositivo cunha cámara de alto rendemento quee conta cun sensor principal Ultra Pixel de 50 MP, con sensor Sony LYTIA 700C e Estabilización Óptica de Imaxe (OIS). Isto permítelle ofrecer un mellor rendemento en pouca luz, grazas á alta sensibilidade lumínica.
Conta tamén cun lente ultra gran angular con visión macro de 122º para fotos máis amplas, así como cunha cámara frontal de 32 MP con tecnoloxía Quad Pixel, garantindo autorretratos máis nítidos e brillantes. Ademais, o seu sensor de luz 3-en-1 calibra automaticamente a exposición e os cores para mellorar cada fotografía.
Resistencia, son premium e rendemento
Seguindo a liña de outros modelos de Motorola, o Motorola Edge 60 Fusion integra diferentes elementos de protección, como o sistema Corning Gorilla Glass 7i, que ofrece o dobre de resistencia ante caídas e arañazos ca versións anteriores.
Cumpre tamén cos estándares militares MIL-STD 810H, soportando temperaturas extremas e condicións adversas, así como certificación IP68 e IP69, garantindo protección ante inmersións en auga de ata 1,5 metros durante 30 minutos e mesmo chorros de auga a presión. A tecnoloxía Water Touch permite ademais que a pantalla táctil funcione mesmo cando está mollada.
Para quen busca un dispositivo cunha experiencia sonora de primeiro nivel, Motorola ofrece compatibilidade con Dolby Atmos, que proporciona un son máis inmersivo e claro. O sistema conta con dous altofalantes estéreo de gran tamaño e sistema de son con certificación Hi-Res, con graves mellorados e voces máis nítidas.

No seu interior incorpora o procesador MediaTek Dimensity 7300, xunto con 8 GB de RAM (ampliábeis a 24 GB con virtualización) e 256 GB de memoria interna. No apartado de batería, incorpora 5200 mAh, con carga rápida de 68W, conseguindo batería para todo un día con só 8 minutos de carga.
O sistema operativo é Android 15, con capa de personalización Hello UX, e funcións adicionais como Moto Secure e ThinkShield, para ofrecer un maior nivel de seguridade e privacidade. Con Smart Connect, Motorla facilita ademaisunha integración fluída con outros dispositivos.
Dispoñibilidade e prezo do Motorola Edge 60 Fusion
O Motorola Edge 60 Fusion xa está dispoñíbel na web oficial de Motorola, motorola.es, e tamén en tendas autorizadas por un prezo recomendado de 329€.