Fibritel ofrece despregamento de fibra a demanda para empresas rurais

O apagado definitivo do ADSL no Estado español deixa moitas moitos particulares e empresas, nomeadamente en zonas rurais, sen unha conexión estábel para os seus procesos dixitais. Fibritel ofrece unha solución diferencial con despregamento de fibra óptica baixo demanda, permitindo a continuidade de servizos clave como o teletraballo, a videovixilancia ou o mantemento de dispositivos da Internet das Cousas (IoT).

O desafío do apagado do ADSL

O ADSL desaparecerá definitivamente en maio deste ano, despois dun proceso de apagado progresivo que xa pechou máis de 3.300 centrais en todo o Estado. Segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), aínda quedan 500.000 fogares e empresas sen cobertura de banda ancha ultrarrápida, dos cales uns 45.000 xa perderon o acceso ao ADSL sen unha alternativa viábel.

Se ben isto é un problema importante para as particulares, as empresas situadas en zonas rurais están especialmente afectadas, pois necesitan unha conexión estábel para tarefas como a xestión de centrais telefónicas, o soporte remoto de maquinaria ou a videovixilancia, algo que as alternativas actuais non sempre son quen de garantir na mellor das condicións.

Ás principais alternativas, cando non hai servizo de fibra, son as solucións sen fíos, que inclúen a conexión vía satélite, o WiMax ou a conectividade móbil 4G/5G. E malia que todas elas teñen mellorado substancialmente nos últimos anos, aínda amosan retos importantes para ser unha alternativa real.

A meirande parte das opcións de Internet por satélite teñen unha latencia elevada, que dificulta o correcto funcionamento de aplicacións de tempo real, como as videochamadas, e o WiMAX precisa de repetidores, que ás veces poden verse afectados por obstáculos naturais, especialmente en zonas montañosas. A mellor alternativa semellan pois as solucións baseadas en conectividade móbil 4G/5G, se ben que esta sexa unha boa opción depende da ubicación concreta de cada empresa.

A solución de Fibritel: fibra baixo demanda

Para solucionar esta problemática, Fibritel Empresas ofrece unha solución diferente: o despregamento de fibra óptica baixo demanda. Isto permite conectar empresas en áreas onde outras operadoras non interveñen, ofrecendo conexións máis estábeis e de alto rendemento.

As vantaxes deste modelo destacan pola redución de custos en polígonos industriais rurais, aproveitando infraestruturas existentes, e o despregamento rápido grazas ás sinxerxias coa súa filial Gestioniza Infraestrucutras, que emprega sistemas de microzanxa para minimizar o impaco e acelerar os prazos de instalación. A compañía tamén destaca a importancia da colaboración con concellos, facilitando o acceso á fibra en zonas afectadas polo apagado do ADSL:

Iniciativas como esta de Fibritel consiguen ofrecer unha alternativa viábel e de futuro para as empresas que dependen dunha conexión estábel e de calidade.

Sobre o autor

Reply