PLD Space e D-Orbit únense para lanzar satélites a órbita ecuatorial

A empresa española PLD Space vén de asinar un acordo estratéxico con D-Orbit, líder en loxística espacial, para lanzar satélites en órbitas ecuatoriais a bordo do foguete MIURA 5. Con este contrato, PLD Space xa ten reservadas máis do 80% das súas misións ata 2027, consolidando a súa posición nun mercado que aínda está pouco explotado.

Un servizo de lanzamento único desde Kourou

O lanzamento dos satélites farase desde a base CSG en Kourou (Guayana Francesa), unha localización estratéxica que permite acceder directamente a órbitas ecuatoriais. A diferenza de outras empresas do sector, PLD Space ofrece unha opción de baixa inclinación orbital, unha necesidade crecente para operadores de satélites en rexións como o sudeste asiático. Atéo de agora, este segmento estaba dominado por un ou dous vehículos de lanzamento con cadencias moi baixas, polo que a entrada de PLD Space representa unha solución clave para este mercado.

D-Orbit achegará ao proxecto o seu Vehículo de Transferencia Orbital (OTV) ION, unha plataforma que facilita o transporte e despregue individualizado de satélites en órbitas específicas. Ademais, a compañía proporciona solucións innovadoras como almacenamento en órbita e computación avanzada no espazo, adaptándose ás necesidades en constante cambio dos operadores de satélites. Con 17 misións ION realizadas con éxito, este acordo permítelle ampliar os seus servizos de lanzamento a órbitas ecuatoriais, algo que cada vez demandan máis clientes.

MIURA 5: o futuro dos lanzamentos comerciais de PLD Space

O foguete MIURA 5, que utilizará tecnoloxía testada no MIURA 1, está en plena fase de produción. A súa campaña de probas comezará a finais de 2025, e os voos comerciais iniciaranse en 2026, co obxectivo de acadar até 30 lanzamentos anuais en 2030.

Fundada en 2011 en Elche, PLD Space consolidouse como unha das compañías máis innovadoras no sector dos lanzadores reutilizábeis. A súa infraestrutura inclúe instalacións en no Estado español, Guayana Francesa e Omán, desde onde proporciona servizos de lanzamento para satélites e misións tripuladas.

Con máis de 300 empregadas e 12.500 m² dedicados á fabricación avanzada, a empresa está a posicionarse como un actor clave no futuro da soberanía tecnolóxica europea no transporte espacial. A súa familia de lanzadores MIURA e a súa futura cápsula tripulada LINCE colócanos á vangarda da exploración e loxística espacial.

Sobre o autor

Reply