A tecnoloxía funcional e deseñada para o día a día foi a gran protagonista do stand de Baseus na HKTDC Hong Kong Electronics Fair 2025, celebrada do 13 ao 16 de abril. A prestixiosa feira, organizada polo Consello de Desenvolvemento do Comercio de Hong Kong, é unha das citas máis importantes do sector en Asia, e nesta edición volveu reunir ás principais marcas globais para amosar as súas últimas innovacións.
Baseus acudiu á feira con novidades, presentando catro novos produtos deseñados para ofrecer solucións para diferentes públicos: desde profesionais que traballan en mobilidade até amantes da tecnoloxía que buscan comodidade sen renunciar ao rendemento.
Baseus EnerCore CR11 e EnerGeek GR11: power banks compactos con cable retráctil
Pensando naquelas persoas que se moven constantemente, o novo powerbank EnerCore CR11 combina portabilidade, potencia e funcionalidade. Cunha capacidade de 10.000 mAh e saída de até 45W, pode cargar smartphones, tablets e incluso algúns portátiles.
Para quen busca máxima autonomía e potencia, chega o EnerGeek GR11, con 20.000 mAh de capacidade e saída total de 145W. Trátase dun powerbank de alto rendemento, ideal para cargar varios dispositivos simultaneamente, incluíndo consolas, laptops e smartphones.

O seu cable retráctil integrado permite esquecer os cables soltos e manter todo organizado, tanto no peto como na mochila.
Baseus Spacemate Series: estación de conexión 11-en-1 para profesionais
A nova Baseus Spacemate 11-en-1 Docking Station transforma calquera portátil nunha estación de traballo completa. Conta con:
- 2 HDMI + 2 DisplayPort (até 4K a 60Hz)
- 2 USB-A (10Gbps) + 1 USB-C (10Gbps)
- 1 USB-A adicional + 1 USB-C con Power Delivery
- Saída de audio de 3,5 mm
- Porto RJ45 Ethernet

Un gadget imprescindíbel para teletraballo, deseñadores ou gamers, que demandan múltiples pantallas e alta conectividade.
Baseus MagPro Series II: soporte magnético MagSafe para móbil
Por último, o MagPro Series II é o novo soporte magnético de Baseus compatíbel con MagSafe, ideal para vídeochamadas, navegación ou multitarefa.

Destaca polo seu deseño elegante, base antiescorregadiza e capacidade de axuste en múltiples ángulos, o que o fai perfecto tanto para oficinas como para fogares.
Máis propostas no outono
Con estas novidades, Baseus continúa a ofrecer solucións innovadoras no eido da electrónica de consumo, apostando por produtos que unen deseño, tecnoloxía e utilidade real. A súa presenza na HKTDC reforza a súa expansión internacional e o seu compromiso coas usuarias finais.
A próxima cita será a edición de outono da HKTDC Hong Kong Electronics Fair, xa programada do 13 ao 16 de outubro de 2025, onde se prevé que Baseus volva anunciar con novas propostas
