A fotografía móbil segue a dar pasos de xigante, e a última aposta de ZTE reflicte ben esta tendencia. A marca chinesa acaba de anunciar a dispoñibilidade no noso país dos novos nubia Focus 2 e nubia Focus 2 Ultra, dous terminais que destacan especialmente polas súas capacidades fotográficas, con tecnoloxía de última xeración como lentes con anel xiratorio, sensores de alta resolución e intelixencia artificial.
nubia Focus 2 Ultra: deseñado para capturar cada momento con precisión
O modelo máis avanzado, o nubia Focus 2 Ultra, aposta forte polo deseño e a funcionalidade. A súa característica máis rechamante é a lente en forma de anel xiratorio, que permite axustar funcións como o zoom ou a apertura sen tocar a pantalla. Esta innovación non só mellora a experiencia fotográfica, senón que tamén poderá utilizarse para navegar por menús ou facer scroll.
Entre as súas prestacións máis destacadas están a cámara principal de 50MP, cun sensor grande (1/1.55”) e apertura f/1.47 para unha excelente captación de luz, e que se completa con dous lentes adicionais, retrato e macro. A cámara frontal é de 32 MP, e todas elas inclúen algoritmos de IA, como Super Night e Sport Mode.
Ademais, o móbil incorpora botóns físicos para acceso rápido á cámara e disparo, e está deseñado cun perfil delgado (7,49 mm) e pantalla AMOLED FHD+ de 6,8″, con 120Hz de refresco e lector de pegada dixital baixo pantalla.
A nivel de rendemento, chega con Android 15, procesador Unisoc T8100 5G, 8GB de RAM (ampliábeis virtualmente a 20GB) e un almacenamento de 512GB.

nubia Focus 2: calidade fotográfica a prezo contido
O nubia Focus 2 mantén o enfoque fotográfico, pero nun formato máis ccesíbel. Equipado cunha cámara principal de 108MP e apertura f/1.75, permite experimentar con diferentes estilos grazas ás súas catro distancias focais (24, 35, 50 e 85mm). Tamén inclúe cámara de retrato, sensor de luz e cámara frontal de 16MP.
Este modelo comparte procesador co Ultra e conta cunha pantalla HD+ de 6,7″, batería de 5000 mAh con carga rápida de 18W, e un deseño fino de 7,95 mm.
Aposta pola IA
Tanto o nubia Focus 2 como o Focus 2 Ultra chegan cargados de funcionalidades impulsadas por intelixencia artificial, que inclúen a tradución en tempo real durante chamadas e conversas cara a cara en máis de 15 idiomas.
Ademais, tamén ofrecen funcións de organización e edición de fotos con ferramentas como borrador máxico, AI Photo Unblur e AI Portrait Light, grazas á integración co ecosistema de Google.
Prezo e dispoñibilidade dos novos nubia Focus 2
A nova serie nubia Focus xa está dispoñíbel no noso país, a través da rede de tendas dede El Corte Inglés. O nubia Focus 2 Ultra, con 8GB+512GB, pódese adquirir por 329 € nos acabados Forest Green (coiro vegano) e Sunrise White (efecto marmolado).
Por último, o nubia Focus 2 chega con 8GB+256GB por 229 €, nos acabados Aurora White e Obsidian Black.
