Orange vén de lanzar Orange TV Libre, un novo servizo que permite ás usuarias acceder a fútbol, series e películas sen a necesidade de ser cliente da operadora. Unha proposta ambiciosa, con máis de 90 canles, SkyShowtime incluído e sen compromiso de permanencia, coa que a operadora busca competir directamente con Movistar Plus+, pero cun prezo máis atractivo.
Orange TV Libre: televisión para todas sen ser cliente de Orange
Durante anos, os principais contidos audiovisuais —especialmente o fútbol— estiveron restrinxidos a clientes das grandes operadoras como Movistar ou Orange. Mais isto cambiou: desde agora, calquera persoa pode subscribirse a Orange TV Libre, sen importar o operador que teña ou mesmo se non ten ningún.
Con esta aposta, Orange democratiza o acceso á súa plataforma, do mesmo xeito que fixo Movistar a finais de 2023, e propón unha alternativa máis barata e con máis contido.
Orange TV Libre custa 7,99 euros ao mes, dous euros menos que a proposta do seu principal rival, Movistar Plus+ (9,99 €/mes). Ademais, non require permanencia, polo que poderemos cancelar cando queiramos, e ofrece o primeiro mes de balde, ideal para probar o servizo sen compromiso.
A oferta de contidos de Orange TV Libre é ampla e variada, e inclúe un partido por xornada de LALIGA EA SPORTS, 3 partidos por xornada de LALIGA HYPERMOTION, 1 partido por fase da UEFA Champions League, 1 partido por eliminatoria da Copa do Rei. Ademais, ofrece máis de 90 canles de TV en directo, con contidos de cinema, series, música, documentais e infantil, así como máis de 50.000 títulos baixo demanda e SkyShowtime sen custo adicional. Todo isto converte a Orange TV nunha das opcións máis completas do mercado actual.
TV sen decodificador
Como xa acontece coa meirande parte dos servizos de streaming, non é necesario ter un decodificador para ver Orange TV Libre. Pódese instalar directamente a aplicación na nosa SmartTV, desfrutar do contido na tablet, móbil, ordenador ou en dispositivos como os Amazon Fire TV Stick, Chromecast ou Apple TV.
O proceso de contratación é realmente sinxelo, e podemos facelo online. Tras facelo, recibiremos un SMS coas nosas credenciais para acceder ao servizo mediante a aplicación oficial de Orange TV.
Con esta nova proposta, Orange entra con forza no terreo do streaming aberto, ofrecendo contido de calidade sen ataduras, a un prezo moi competitivo e con algunhas exclusividades clave como SkyShowtime incluído.
