O Redmi A5 chega ao noso país: un smartphone sorprendente por menos de 80 euros

Xiaomi volve revolucinar o mercado dos móbiles económicos co lanzamento do novo Redmi A5, un terminal que destaca non só polo seu deseño moderno e funcional, senón tamén por un prezo escandalosamente baixo. Xa dispoñíbel para mercar no noso país, este dispositivo pode atoparse en tendas como Amazon por tan só 77 euros, converténdose nunha das mellores opcións da gama de entrada para este 2025.

Un “look” premium por un prezo mínimo

O Redmi A5 lembra por que Xiaomi se fixo popular: ofrecer moito por moi pouco. Cun deseño atractivo que semella máis caro do que realmente custa, este móbil está pensado para quen busca un dispositivo funcional, fiábel e, sobre todo, accesíbel. A súa pantalla de 6,88 polgadas con taxa de refresco de 120 Hz é unha das grandes sorpresas, ideal para navegación fluída e contidos multimedia.

A nivel técnico, o Redmi A5 ofrece características máis que suficientes para un uso diario, como un procesador UNISOC T7250 a 1,8 GHz; 3 ou 4 GB de RAM (virtualizábel até 8 GB); 64 ou 128 GB de capacidade ampliábeis por microSD de até 1 TB e batería de 5.200 mAh con carga de 15W.

A cámara principal é de 32 MP, e vén acompañada dun segundo lente QVGA. En canto á frontal, temos unha cámara de 8 MP, para saír do paso ao tomar autorretratos ou facer videochamadsa.

O sistema operativo é Android 15 Go Edition, con 3 anos de actualizacións garantidas, e como conectividade destaca a Dual SIM, Bluetooth 5.2, USB-C, e jack de audio para auriculares de 3,5 mm. Completando a folla de especificacións temos un lector de pegada dixital no botón lateral, un detalle pouco habitual nesta franxa de prezo.

Prezo e dispoñibilidade do Redmi A5

O Redmi A5 está dispoñíbel en catro cores: Negro Medianoite, Azul Océano, Verde Lagoa e Sandy Gold. Hai dúas versións á venda, unha de 3 GB + 64 GB cun prezo oficial 109,99 €, con oferta de lanzamento por 99,99 €, e outra de 4GB + 128 GB, cun prezo oficial 129,99 €, con oferta de lanzamento por 109,99 €. Porén, en tendas como Amazon xa se pode conseguir desde uns 75 €.

Con estas características e este prezo, o Redmi A5 é perfecto para quen busca un smartphone funcional para tarefas básicas como redes sociais, mensaxería, chamadas ou reprodución multimedia. Tamén pode ser unha boa opción como segundo móbil, ou para persoas maiores, adolescentes ou quen simplemente non precisa dun dispositivo de altas prestacións.

Este artigo contén enlace de afiliados. Se mercas o dispositivo, a ti sáeche ao mesmo prezo, e nós recibimos unha pequena comisión que nos axuda a manter este proxecto.

Sobre o autor

Reply