Nova proposta de O2 con Movistar Plus+, Netflix e fibra 1 Gbps

Apenas un mes e medio despois de ter anunciado a inclusión dos primeiros plans con Netflix, O2 volve actualizar o seu portfolio de tarifas con televisión. Unha aposta que amplía as posibilidades para as usuarias que, ademais dunha tarifa converxente de fixo e móbil queren tamén desfrutar do entretemento do cinema e as series.

O novo plan de O2 ofrece, por 56 euros ao mes, unha conexión de fibra simétrica de 1 Gb con teléfono fixo e chamadas ilimitadas; unha liña móbil con chamadas e SMS ilimitados e 375 GB de datos móbiles; e acceso a Movistar Plus+ e Netflix con anuncios.

O2 con televisión: unha reviravolta

A chegada desta nova tarifa súmase ao resto de propostas de O2 que xa inclúen televisión, nalgúns casos unicamente Movistar Plus+ e noutros, coma este, tamén Netflix.

  • Fibra 600 Mbps, móbil con 35 GB e Movistar Plus+ por 38 €/mes.
  • Fibra 600 Mbps, móbil con 60 GB, Movistar Plus+ e Netflix por 45 €/mes.
  • Fibra 1 Gbps, móbil con 150 GB, Movistar Plus+ por 50 €/mes.
  • Fibra 1 Gbps, móbil con 375 GB, Movistar Plus+ e Netflix por 56 €/mes.

Con estas actualizacións, O2 busca posicionarse como unha alternativa completa e competitiva no mercado das telecomunicacións, combinando conectividade, entretemento e prezos atractivos para diferentes perfís de usuarias.

Sobre o autor

Reply