Finetwork continúa a reforzar a súa aposta por ofrecer un servizo de conectividade completo a prezos competitivos, co lanzamento de novas tarifas móbiles con datos ilimitados, cobertura 5G e sen permanencia. Desde esta mesma semana, as usuarias da compañía poden acceder a estes novos plans, deseñados para maximizar o aforro e a flexibilidade.
Novas tarifas móbiles ilimitadas de Finetwork
A operadora presenta tres opcións de tarifas que permiten ás usuarias elixir o plan que mellor se adapta ás súas necesidades.
- 1 liña móbil con GB ilimitados: 14,90 €/mes.
- 2 liñas móbiles con GB ilimitados: 11,90 €/mes cada unha.
- 3 liñas móbiles con GB ilimitados: 9,90 €/mes cada unha.
Ademais, todas as tarifas inclúen chamadas ilimitadas e cobertura 5G e VoLTE, garantindo unha conexión rápida tanto para a navegación como estable para a comunicación por voz. E, como todos os plans da operadora, non ten permanencia, polo que as usuarias teñen liberdade total para cambiar de tarifa ou cancelar o servizo en calquera momento.
Un paso máis na estratexia low cost de Finetwork
Con esta nova oferta, especialmente interesante para familias, Finetwork reforza a súa aposta polo segmento de baixo custe, apostando por prezos competitivos sen comprometer a calidade do servizo. A compañía busca así consolidarse como unha alternativa rendíbel fronte a outras operadoras, como Digi ou Lowi, enfocándose en ofrecer conexión 5G e paquetes personalizados sen permanencia.