Digi volve aumentar os datos de todas as súas tarifas de móbil e mellora o prezo do seu plan Ilimitodo. Unha novidade que a compañía aplicará a toda a clientela, tanto á actual -que desfrutará da nova oferta sen ter que facer nada- como á que poida sumarse á compañía.
Máis datos en todos os plans móbiles
Deixando a un lado o plan básico de 3 € ao mes, nos que DIGI ofrece 5 GB de datos e 100 minutos nacionais e internacionais, todas as tarifas ven mellorada a súa franquía de datos, quedando a nova oferta como segue:
- 25 GB + 100 minutos nacionais e internacionais [5 €/mes ou 3 €/mes contratándoa con fibra]. Antes contaba con 15 GB.
- 50 GB + ilimitadas + 100 minutos internacionais [7 €/mes ou 5 €/mes con fibra]. Antes tiña 30 GB.
- 100 GB + ilimitadas + 400 minutos internacionais [10 €/mes ou 6 €/mes con fibra]. Antes tiña 60 GB.
En canto á tarifa Ilimitodo, que inclúe datos e chamadas ilimitadas, reduce o seu prezo dos 15 aos 12 €/mes. Un prezo que mellorará se contratamos 2 liñas (quedando en 10 € cada unha). De contratar máis liñas, o prezo será de 8 €/cada liña ilimitada. Ademais, se combinamos cunha tarifa de fibra, o prezo destas liñas baixará en 2 €/mes cada unha, o cal permite desfrutar de liñas ilimitadas por 6 €/mes.
Digi mantén tamén dous plans só dispoñíbeis en prepago, que melloran as condicións:
- 150 GB + ilimitadas + 800 minutos internacionais [12 €/mes]. Antes incluía 120 GB.
- 250GB + ilimitadas + 2000 minutos internacionais [15 €/mes]. Antes tiña 240 GB.
Proposta de valor
Con esta novidades, Digi quere seguir ganando cota de mercado, cunha oferta economicamente atractiva para usuarias que queren unha tarifa sen complicacións. Ademais, no caso de estar en zona de cobertura de fibra propia, poderemos beneficiarnos de prezos aínda máis atractivos coa rede de fibra máis rápida, á que se pode engadir tamén o servizo de televisión DIGI TV, que ofrece máis de100 canles de cinema, series, e deportes.
