Revolut estrea caixeiros físicos: retira cartos, consegue tarxetas e abre conta sen app

Tal e como anunciara a finais do ano pasado, a fintech Revolut dá o salto do dixital ao físico. A compañía británica, coñecida polos seus servizos bancarios dixitais, prepárase para lanzar os seus primeiros caixeiros automáticos físicos en no Estado español, un paso pioneiro que permite retirar diñeiro en efectivo, obter tarxetas físicas ao instante e mesmo abrir conta bancaria directamente dende o caixeiro.

Primeiros caixeiros en Madrid e Barcelona

O estre debut dos caixeiros de Revolut coincide co festival Primavera Sound en Barcelona, do 4 ao 8 de xuño, onde se activaron as primeiras unidades. Tamén haberá caixeiros en Madrid, e a compañía xa confirmou que estenderá a rede a Valencia, Málaga e moitas outras cidades, ata chegar a 200 caixeiros en todo o Estado.

A pesar do seu enfoque 100% dixital, Revolut recoñece que o efectivo segue tendo moita presenza en España. Segundo datos do Banco de España, máis do 60 % dos pagos presenciais aínda se realizan en metálico. Este comportamento levou á fintech a complementar os seus servizos móbiles cunha infraestrutura física, dando resposta a unha necesidade real.

Pero máis aló de permitir sacar cartos, os caixeiros físicos de Revolut ofrecen outros servicios adicionais, como conseguir unha tarxeta física ao momento, abrir unha conta e -proximamente- sacar cartos con recoñecemento facial.

Estes caixeiros foron deseñados no TechHub de Revolut en Barcelona, e están pensados para facilitar o acceso aos servizos bancarios incluso para aquelas persoas que non son usuarias habituais de plataformas dixitais.

Esta aposta forma parte dunha estratexia máis ampla da fintech, que tamén está a preparar o lanzamento do seu propio operador de telefonía móbil, abrindo unha nova fronte de competencia coas operadoras tradicionais.

Sobre o autor

Reply