Samsung vén de confirmar oficialmente que este verán presentará unha nova versión “Ultra” do seu encartábel Galaxy Z Fold, marcando un antes e un despois na evolución da gama. Trátase dun paso firme para consolidar o segmento dos móbiles que se encartan como solucións de alto rendemento, e non só de deseño innovador.
IA e deseño encartábel: a combinación perfecta
Durante anos, Samsung recibiu peticións de usuarias que esixían pantallas máis grandes, cámaras de maior nivel e funcionalidades que mellorasen a produtividade e a creatividade. Con esta nova versión Galaxy Z Fold Ultra, a marca responde cun dispositivo que integra IA de forma profunda nun formato móbil e portátil.

Segundo avanzou a marca, con este novo modelo imos poder facer cousas como enviar mensaxes por voz mentres temos o móbil pechado; mellorar a experiencia de busca e planificación e aproveitar unha cámara máis avanzada para capturar momentos especiais con calidade superior.
E todo isto, cun sistema de intelixencia artificial Galaxy AI que entende o contexto e adapta o dispositivo ao noso uso real.
Traballo e entretemento nun só dispositivo
O novo Galaxy Z Fold Ultra promete converterse nun centro de entretemento envolvente, un espazo de traballo expansivo ou unha estación multitarefa completa, segundo o que precise cada persoa. Todo nun dispositivo que se pode levar no peto.
Samsung fala dun equilibrio entre arte e enxeñaría, nun terminal que vai máis alá dun “formato pequeno con máis especificacións”. Este modelo Ultra será a resposta a quen busca o mellor do mellor, sen comprometer deseño, rendemento nin funcionalidades.
Presentación no verán
Samsung deixouno claro: a experiencia Ultra está lista para despregarse este verán. E iso implica que, no próximo Galaxy Unpacked, que probablemente se celebre en xullo, veremos por primeira vez o Galaxy Z Fold Ultra en acción, acompañado posiblemente de outras novidades da gama encartábel e do ecosistema Galaxy AI.