OPPO Find X9 Ultra: unha filtración revela un gran paso adiante na cámara

OPPO está a traballar na súa próxima xeración de smartphones, con novos dispositivos cos que pretende redefinir o concepto de fotografía móbil. Segundo apuntan as últimas filtracións, a serie OPPO Find X), cuxo lanzamento está previsto para o primeiro trimestre de 2026, chegará equipada con tecnoloxía de vangarda, destacando especialmente o modelo Find X9 Ultra, centrado nas cámaras e o seu rendemento.

Segundo parece, o OPPO Find X9 Ultra podería ser o primeiro móbil do mundo con dúas cámaras periscópicas, incluíndo un sensor principal de 200 MP, acompañado por un segundo sensor de 50 MP para zoom. Segundo o reputado filtrador Digital Chat Station, OPPO empregará sensores ISOCELL HP5 e JN5 de Samsung, que ofrecerán capacidades avanzadas de zoom e definición extrema.

Ademais, o sensor espectral podería chegar tamén aos modelos Find X9 e Find X9 Pro, permitindo cores máis realistas e tons de pel máis naturais.

Máis aló das cámaras, o pouco que se sabe do novo móbil é que apostaría por un novo procesador MediaTek Dimensity 9500, un chip de altas prestacións deseñado para competir co mellor de Qualcomm. Isto supón un cambio importante, xa que o anterior modelo, o Find X8 Ultra, incluía un chip Snapdragon.

Posible data de lanzamento

Aínda que a marca non ten confirmadas as datas de presentación e lanzamento, os rumores apuntan a unha presentacion da serie Find X9 en outubro de 2025, co lanzamento do Ultra no primeiro trimestre de 2026.

Sobre o autor

Reply