Motorola vén de acadar un importante fito, ao conseguir que o seu modelo razr convertésese no móbil encartábel tipo cuncha (flip) máis vendido do mundo. Segundo o último informe trimestral de IDC, a compañía acadou unha cota de mercado global do 40 % no primeiro trimestre de 2025, consolidando o seu liderado neste segmento en pleno auxe.
Dende o seu lanzamento, o motorola razr evolucionou xeración tras xeración para ofrecer melloras reais en autonomía, cámaras, resistencia, pantalla e experiencia de uso. O resultado é un dispositivo que combina estilo, funcionalidade e tecnoloxía de vangarda, ideal para quen busca algo diferente sen renunciar ao rendemento, mantendo ademais un prezo contido.
A recente chegada da serie motorola razr 60 supuxo a cehgada de avances significativos, destacando unha bisagra máis compacta e duradeira ou maior resistencia á auga e ao pó. Mais tamén outros avances técnicos, como a cámara avanzada con IA, a carga rápida TurboPower de 68W ou a integración de moto AI para mellorar o uso diario de forma personalizada.
O modelo máis avanzado da familia, o motorola razr 60 ultra, reflicte todo o potencial da marca. A súa pantalla externa intelixente permite xestionar apps, notificacións ou funcións con IA sen sequera abrir o teléfono. A isto súmase unha autonomía optimizada e unha carga que permite recuperar horas de uso en cuestión de minutos.
Este modelo ten un prezo de 1.329 €, nunha versión que inclúe 16 GB de RAM e 512 GB de memoria interna, ademais de levar o procesador Snapdragon 8 Elite de Qualcomm. Pode adquirirse en Amazon, na web de Motorola e nas cadeas de electrónica habituais.
Este artigo contén enlace de afiliados. Se mercas o dispositivo, a ti sáeche ao mesmo prezo, e nós recibimos unha pequena comisión que nos axuda a manter este proxecto.
