Redmagic Astra: a nova tablet gaming con pantalla OLED e Snapdragon 8 Elite por 549 dólares

O ecosistema Android para xogadores segue medrando, e faino cun novo competidor de altura: a Redmagic Astra, unha tablet deseñada para o gaming máis esixente que fai agora a súa estrela global tras o seu lanzamento na China. Con características de alto rendemento, pantalla OLED e un prezo moi competitivo, esta tablet está chamada a rivalizar directamente coa Lenovo Legion Tablet.

A Redmagic Astra destaca pola súa pantalla OLED de 9,06 polgadas cunha resolución de 2400 x 1504 píxeles, relación de aspecto 16:10 e unha fluidez de 165 Hz, ideal tanto para xogos como para consumo multimedia. Esta tecnoloxía de pantalla supón unha vantaxe clara fronte á competencia, xa que a Lenovo Legion aposta por un panel LCD. Ademais, inclúe un sensor de pegada dixital, ausente na súa rival directa.

Potencia bruta para xogadores esixentes

No seu interior, a Astra funciona con Android 15 e está equipada co procesador Snapdragon 8 Elite, o máis potente da gama de Qualcomm. Vén acompañada de 12 GB ou 16 GB de RAM, e almacenamento UFS 4.1 en opcións de 256 GB, 512 GB ou 1 TB. Iso si, non dispón de ranura microSD, polo que haberá que escoller ben a capacidade ao mercar.

A batería de 8.200 mAh promete horas de xogo, e ademais admite carga rápida de 80 W para minimizar os tempos de espera. No apartado visual, inclúe iluminación RGB dinámica na parte traseira, un detalle moi do gusto da comunidade gamer.

Prezo e dispoñibilidade

A nova Redmagic Astra sairá ao mercado nos Estados Unidos por un prezo inicial de 549 dólares, o mesmo que a Lenovo Legion Tablet. No Reino Unido partirá dos 439 libras, o que a coloca nunha franxa moi competitiva para unha tablet de gama alta enfocada ao gaming. Polo momento non hai informaciób sobre a súa comercialización directa no Estado español.

Con este lanzamento, Redmagic consolida a súa aposta polos dispositivos Android para xogadores, ofrecendo unha alternativa que combina deseño, rendemento e pantalla de alta calidade.

Sobre o autor

Reply