Día Mundial do Libro Electrónico: unha revolución lectora ao alcance da man

Cada 4 de xullo conmemórase o Día Mundial do Libro Electrónico, unha data internacional que recorda a creación do primeiro ebook moderno por parte de Michael Hart en 1971. Porén, moito antes diso, no ano 1949, a ferrolá Ángela Ruiz Robles xa imaxinara o futuro da lectura coa súa enciclopedia mecánica, un dispositivo patentado (número 190.698) que se considera un claro precursor do actual eReader. A súa visión pioneira sentou as bases do que hoxe celebramos como unha revolución silenciosa: a lectura dixital ao alcance de todas e todos.

O fabricante SPC, que destaca por un portfolio importante de libros electrónicos no seu haber, únese a esta conmemoración recordando por que os eReaders se converteron no compañeiro ideal para as lecturas do verán. Desde as praias até as viaxes, pasando por salas de espera ou momentos de lecer, a lectura acompáñanos como unha vía de escape, aprendizaxe ou simple gozo. Pero, cando queremos levar con nós máis dun libro, o papel pesa. É aquí onde os libros electrónicos marcan a diferenza: lixeiros, versátiles e sempre listos para a próxima aventura.

Unha biblioteca no peto

Os eReaders como o SPC DICKENS LIGHT 2 PRO permiten levar contigo até 8000 libros grazas aos seus 8GB de memoria interna e a opción de ampliar espazo con microSD. Eses milleiros de páxinas non ocupan máis que uns poucos gramos na nosa mochila, convertendo estes dispositivos en aliados perfectos para viaxar lixeiras sen renunciar á lectura.

Ademais, contan con funcións que melloran a experiencia de lectura: axuste do tamaño de letra, control de brillo para ler ao sol ou de noite, e pantallas sen reflexos que coidan a vista e reducen a fatiga ocular. Porque, como ben sabe quen le sen descanso, a comodidade é clave para seguir pasando páxinas.

Outro dos grandes valores dos libros electrónicos é o seu acceso inmediato: con só unha conexión a internet e un cable USB-C ou Wi-Fi, calquera lectura está ao noso alcance en cuestión de segundos. A maiores, os ebooks son máis económicos que os libros físicos, permitindo aforrar mentres ampliamos a nosa biblioteca persoal.

Celebra o Día do Ebook lendo á túa maneira

Neste 4 de xullo, desde SPC anímannos a celebrar esta data mergullándonos nun bo libro dixital. Porque grazas aos eReaders, ler está máis preto, é máis doado e máis consciente. Xa sexa no sofá da casa ou tomando o sol na praia, a lectura dixital pode ser para todas.

Este artigo contén enlace de afiliados. Se mercas o dispositivo, a ti sáeche ao mesmo prezo, e nós recibimos unha pequena comisión que nos axuda a manter este proxecto.

Sobre o autor

Reply