Fast2Cloud: a nova aposta de Telefónica Empresas para conectar redes privadas e nubes públicas con seguridade e aforro

Telefónica Empresas vén de lanzar fast2Cloud, un servizo innovador que permite conectar redes privadas virtuais de empresas coa nube pública a través dunha infraestrutura propia e segura. Esta solución permite reducir ata un 20 % o investimento en infraestrutura e os custos operativos, ao tempo que garante unha conexión de alta calidade e sen intermediarios.

Este servizo está especialmente pensado para organizacións que requiren conexións rápidas e fiables, como aquelas que traballan con IoT, vídeo en tempo real ou aplicacións que esixen baixas latencias. Grazas a fast2Cloud, o tráfico da rede empresarial viaxa directamente cara aos principais provedores de servizos cloud (CSP), sen pasar por redes públicas, mellorando así tanto o rendemento coma a seguridade.

Seguridade, rendemento e escalabilidade para os negocios

Entre as principais vantaxes que ofrece fast2Cloud destacan a latencia mínima (ideal para aplicacións críticas), así como a redundancia, con dobre ruta de acceso á nube para garantir a dispoñibilidade. Tamén a aposta pola seguridade reforzada, grazas ao acceso privado e á posibilidade de aplicar políticas avanzadas; a escalabilidade, adaptándose de forma flexible ao crecemento da empresa; e unha provisión máis rápida e eficiente de novas sedes ou conexións.

Todo isto é posible grazas ás conexións directas entre a rede de Telefónica e os principais hiperescalares, cunha infraestrutura que permite enlaces agregados e independentes de ata 100 Gb, segundo as necesidades de cada empresa.

Con este lanzamento, Telefónica Empresas fortalece a súa proposta multicloud híbrida, ofrecendo ás organizacións unha solución integral de extremo a extremo para a xestión avanzada da súa infraestrutura na nube.

Sobre o autor

Reply