realme segue a apostar pola innovación e a intelixencia artificial no seu ecosistema móbil. A marca vén de anunciar que a nova versión do seu sistema operativo, realme UI 7.0, será estreada pola serie GT7, marcando un salto cualitativo na experiencia das usuarias grazas a un rendemento máis fluído, maior seguridade e funcións potenciadas por IA avanzada.
O realme GT 7 Pro, lanzado en novembro de 2024 co procesador Snapdragon 8 Elite, será o primeiro modelo en recibir realme UI 7.0. A continuación, seguirano os modelos realme GT 7 e GT 7T, equipados cos chips Dimensity 9400e e Dimensity 8400-Max, respectivamente. A actualización tamén chegará aos modelos GT 6 e GT 6T, recoñecidos pola súa excelente relación calidade-prezo e un conxunto de prestacións moi competitivo.
Aínda que realme publicará a folla de ruta completa este outono, xa se sabe que todos os dispositivos GT desde o GT 6 en diante serán compatíbeis coa nova versión.

O que trae de novo realme UI 7.0 e cando chegará
Malia que aínda non se coñecen todos os detalles, realme UI 7.0 promete redefinir a interacción co smartphone, mantendo a liña de innovación marcada pola versión anterior (UI 6.0), que xa incluía optimización intelixente de recursos e novas funcións centradas na experiencia das usuarias.
Entre as melloras esperadas destacan a integración total con Android 16, co que se agardan novas opcións de control de privacidade e permisos, e seguridade reforzada, con novos protocolos contra malware. Tamén unha mellora na xestión da batería, para un uso máis eficiente e funcionalidades baseadas en IA, que poderían incluír edición intelixente de imaxes, recomendacións personalizadas e optimización dinámica de rendemento.
Aínda que non hai unha data oficial para a chegada da actualización, realme publicará a folla de ruta oficial este outono, onde detallará os modelos incluídos, as datas previstas e todas as novidades que chegarán coa nova capa personalizada.
Desde a marca tamén quixeron agradecer a paciencia da súa comunidade, mentres traballan na implementación e adaptación de todas estas melloras coas que realme buscará ofrecer unha experiencia máis intelixente, segura e personalizada, facendo que os seus móbiles GT sexan aínda máis competitivos na gama alta.
