Pepephone mellora tarifas este verán: máis xigas por menos

O verán é tempo de vacacións, de praia, de tomar as cousas con calma… e tamén de boas novas para as persoas que confían en Pepephone para as súas telecomunicacións. A operadora, unha das marcas máiss populares do Grupo MásOrange, volve cumprir cun dos seus principios fundacionais: aplicar melloras reais para a súa clientela, sen letra pequena.

Máis datos coa mesma cota

Desta vez estamos a falar dunha das súas propostas converxentes. A tarifa de fibra de 300 Mbps con móbil con chamadas e 20 GB de datos acumulábeis por 30 €/mes convértese agora nunha opción aínda máis atractiva, xa que pasa a ofrecer 50 GB acumulábeis, mantendo o mesmo prezo. Esta mellora aplica tamén ás liñas adicionais, que por só 5 €/mes terán os mesmos 50GB acumulábeis da tarifa principal.

Unha mellora que se suma á lixeira baixada de prezo realizada hai unhas semanas (antes 31,90 €/mes) e que reafirma o compromiso da compañía coas persoas usuarias.

Aplicación automática e sen sorpresas

Como é habitual en Pepephone, esta actualización non require facer nada, xa que se aplica de maneira automática a todas as persoas clientas. Ademais, ten carácter retroactivo desde o 1 de xullo, polo que xa se pode ver o cambio na Área de Cliente.

Como o resto de tarifas, non inclúe permanencia nin custes ocultos, e os datos non usados acumúlanse para o mes seguinte. En canto ao roaming na UE, mantéñense os 15,13 GB dispoñíbeis para seguir conectadas nas viaxes por Europa.

Melloras para as propias usuarias

Con esta mellora, Pepephone quere seguir demostrando que outra forma de facer as cousas é posíbel. Sen reclamos agresivos nin promesas baleiras, aposta por premiar a quen xa está na casa, aplicando primeiro as melloras ás persoas que xa son clientas.

Sobre o autor

Reply