TCL 60: a nova serie de smartphones que aposta por calidade, innovación e accesibilidade

A tecnoloxía de TCL segue medrando e faino co lanzamento da súa nova Serie TCL 60, unha familia de smartphones deseñada para ofrecer unha opción perfecta para cada tipo de usuario. A nova gama, xa dispoñíbel en Galiza e no resto do Estado, foi presentada en exclusiva no pasado Mobile World Congress de Barcelona e agora chega ao mercado cun catálogo que combina rendemento, accesibilidade e tecnoloxías avanzadas.

Entre as novidades destacan as funcionalidades baseadas en intelixencia artificial, un deseño coidado e as pantallas NXTPAPER, desenvolvidas para ofrecer unha comodidade visual superior. Son cinco os modelos que forman parte da nova serie: TCL 60 SE NXTPAPER 5G, TCL 60 SE, TCL 60 5G, TCL 60R 5G e TCL 605, cada un orientado a un perfil de uso distinto.

TCL 60 SE NXTPAPER 5G: o e-reader que tamén é smartphone

O TCL 60 SE NXTPAPER 5G é o modelo estrela da serie, pensado especialmente para quen pasa moito tempo lendo no móbil. Incorpora a tecnoloxía NXTPAPER, que reduce a luz azul, elimina reflexos e adapta automaticamente o brillo e a temperatura da pantalla, co obxectivo de reducir a fatiga ocular.

Inclúe tamén unha tecla dedicada NXTPAPER Key, que activa o modo Max Ink, transformando o smartphone nun lector dixital que simula o aspecto do papel. A isto engádense funcións de intelixencia artificial, como a transcrición de conversacións, resumo de textos e tradución simultánea, facendo deste dispositivo unha ferramenta completa para o día a día.

Está dispoñíbel desde só 209 €, en dúas cores: Mint Green e Space Gray.

TCL 60 SE: equilibrio perfecto entre cámara e rendemento

O TCL 60 SE aposta por ofrecer unha experiencia fluída e boa calidade fotográfica a un prezo accesible. A súa cámara principal de 50 MP e a cámara frontal de 8 MP, potenciadas por IA, permiten capturar imaxes nítidas en diferentes condicións.

Conta cunha pantalla de 6,7” HD+, memoria interna de 512 GB e 18 GB de RAM (8 reais + 10 virtuais), ideal para reproducir contido multimedia ou traballar dende o móbil. Todo por só 189 €.

TCL 60 5G: velocidade e rendemento na palma da man

Para quen busca conectividade 5G sen complicacións, o TCL 60 5G é unha excelente opción. Incorpora un procesador Octa-core 5G, 256 GB de memoria interna e 16 GB de RAM (6 reais + 10 virtuais), que xunto coa tecnoloxía NXTURBO, garante un uso áxil en multitarefa, videochamadas e xogos online.

A velocidade de descarga pode chegar até os 2,7 Gbps, converténdoo nun terminal perfecto para quen vive conectado.

TCL 60R 5G: deseño premium ao mellor prezo

O TCL 60R 5G comparte moitas especificacións co modelo anterior, pero cunha proposta aínda máis axustada en prezo. Mantén a pantalla HD+ de 6,7”, taxa de refresco a 120 Hz, batería de 5.200 mAh e altavoces estéreo.

O seu procesador MediaTek Dimensity 6300, xunto con 12 GB de RAM (4 reais + 8 virtuais) e 128 GB de almacenamento, garante unha experiencia fluída. Todo isto nun corpo lixeiro, de só 190 g e 8 mm de grosor.

TCL 605: o mellor rendemento en gama de entrada

O TCL 605 é o modelo máis económico da serie, pero non por iso menos completo. Ideal para usuarias iniciadas ou quen busca un smartphone funcional por pouco diñeiro.

Vén equipado cunha cámara principal de 50 MP, pantalla de 6,7” HD+ a 90 Hz, altavoces estéreo e batería de longa duración de 5.200 mAh. Ademais, está dispoñible en versións de 128 e 256 GB de almacenamento, e parte dun prezo moi atractivo: desde só 109 €.

Pensados para todos os públicos

Con esta nova Serie TCL 60, a marca reafirma o seu compromiso por democratizar a tecnoloxía e ofrecer smartphones para cada tipo de usuario: dende lectoras empedernidas até gamers, pasando por quen simplemente quere un dispositivo fiable e económico.

A chegada desta serie a Galiza pon de manifesto que a calidade, a innovación e o bo prezo poden ir da man, e que a experiencia móbil pode ser personalizada sen ter que gastar de máis.

Sobre o autor

Reply