LG continúa a innovar coa súa gama de produtos portátiles e multifuncionais. O último en sumarse é o LG Swing&Go Touch, un monitor intelixente de 32 polgadas con resolución 4K Ultra HD e pantalla táctil, que combina o mellor dun Smart TV co rendemento dun monitor profesional, todo nun formato portátil e ergonómico. Xa dispoñible no Estado, chega cunha promoción de lanzamento que inclúe desconto directo e agasallos até o 31 de agosto.
SmarTV ou monitor táctil? Ambos
O Swing&Go Touch funciona con webOS 24, o sistema operativo de LG, polo que non precisa conectarse a un ordenador ou consola para reproducir contido. Ofrece acceso directo a plataformas como Netflix, Disney+, TikTok, Spotify ou YouTube, xunto con máis de 300 canles gratuítas a través de LG Channels, agora tamén con contido de RTVE.
Ademais, grazas ao programa webOS Re-New, as usuarias recibirán actualizacións gratuítas do sistema operativo durante cinco anos, garantindo unha experiencia sempre actualizada e coas últimas funcións de intelixencia artificial.

Ergonomía total e deseño móbil
O Swing&Go Touch destaca polo seu deseño ergonómico e portátil, con soporte con rodas e múltiples opcións de axuste: pódese xirar, inclinar, elevar e mesmo usar en vertical, ideal para edición de vídeo, ilustración ou traballo creativo. Inclúe pantalla táctil IPS con HDR10, visión de 178º e soporte VESA, o que permite adaptar a pantalla a outras estruturas.
Conta tamén con altofalantes integrados, entrada HDMI, USB-C con carga de até 65W, e compatibilidade con servizos como Xbox Cloud Gaming e GeForce NOW, o que o converte nunha excelente opción tamén para o lecer dixital, sen precisar consola ou mando físico.

Un dispositivo versátil para un estilo de vida dinámico
O Swing&Go Touch responde ás novas necesidades das persoas que teletraballan, crean contido ou simplemente queren desfrutar dunha experiencia multimedia de calidade en calquera estancia do fogar. Grazas á aplicación LG Switch, tamén é posíbel xestionar múltiples tarefas en pantalla dividida ou configurar o monitor ao gusto dun xeito intuitivo.
Tamén é compatible co Magic Pointer Remote, un mando a distancia con punteiro inalámbrico que facilita o uso sen ter que tocar a pantalla.

Promoción de lanzamento con desconto e agasallos
O Swing&Go Touch xa se pode adquirir na tenda oficial de LG por 1.197,43 €, cun desconto de 200 €, ademais dun altofalante XBOOM XO2TBK e o mando Magic Pointer Remote MR25GB de agasallo. Esta promoción estará activa até o 31 de agosto, polo que pode ser unha boa oportunidade para incorporar este dispositivo á nosa rutina.
Sexa para levar contigo de habitación en habitación ou para montalo nunha casa de vacacións, o Swing&Go Touch é unha solución práctica e elegante para o verán, garantindo a flexibilidade que tamén buscamos nesta época do ano.
