realme C71: o móbil con batería de 6.000 mAh que custa menos de 130 € coa oferta de lanzamento

realme presentou hai unhas semanas o seu novo modelo C71, un dispositivo accesíbel que destaca pola súa enorme batería de 6.000 mAh e carga rápida de 45W. Un auténtico todoterreo pensado para aguantar o ritmo do día a día… e máis alá.

Con esta nova incorporación á serie C, realme reafirma a súa aposta por ofrecer móbiles económicos pero cun rendemento sorprendente. O realme C71 promete até dous días de autonomía cunha soa carga, converténdose así nunha opción ideal para quen precisa un terminal fiábel e resistente sen gastar unha fortuna.

Unha pantalla fluída e resistente a golpes

O realme C71 integra unha pantalla LCD de 6,72 polgadas, con resolución HD+ (720×1604) e taxa de refresco de 120 Hz, algo pouco habitual nesta gama de prezos. Ademais, ofrece un brillo máximo de 725 nits, que mellora a experiencia de visualización en exteriores nesta gama.

Pero se hai algo que tamén destaca neste modelo é a súa resistencia a golpes de grao militar, capaz de soportar caídas de até 1,5 metros. Isto, combinado co seu lector de pegada lateral, conector de auriculares de 3,5 mm e ranura para microSD, dálle un carácter práctico e funcional que moitas usuarias agradecen.

Rendemento axeitado e conectividade completa

No interior, o realme C71 monta un procesador Unisoc T7250, suficiente para tarefas cotiás como redes sociais, navegación web ou reprodución multimedia. A isto súmase a capa personalizada realme UI 6.0 baseada en Android 16, coa que o sistema funciona fluído e actualizado.

Na parte fotográfica, este modelo aposta por unha cámara traseira con sensor principal de 50 MP con IA, mentres que na parte frontal incorpora unha cámara de 5 MP para selfies e chamadas de vídeo.

Un detalle curioso é a incorporación da función Pulse Light, un anel de luz LED na parte traseira que reacciona ás notificacións e ao estado de carga, ofrecendo un sistema visual atractivo e funcional para estar sempre ao tanto.

En canto á conectividade, é compatíbel con 4G, Wi-Fi 5 e Bluetooth 5.2, e tamén permite carga inversa de 6W, para usar o móbil como batería externa doutros dispositivos en caso de emerxencia.

Dispoñibilidade e prezo do realme C71

O realme C71 xa está dispoñíbel en dous acabados: White Swan (cisne branco) e Forest Owl (moucho do bosque), por un prezo desde 129,99 € coa oferta de lanzamento. Un prezo difícil de bater tendo en conta o conxunto de características que ofrece.

A versión de 6 + 128 GB custará 149,99 €, pero até o 31 de xullo témolo en Amazon por 129,99 €, mentres que o de 8 + 256 GB custará 169,99 €, estando dispoñíbel igualmente até este xoves a un prezo reducido: 149,99 € en MediaMakrt, PC Componentes, Alcampo e Eroski.

Este artigo contén enlace de afiliados. Se mercas o dispositivo, a ti sáeche ao mesmo prezo, e nós recibimos unha pequena comisión que nos axuda a manter este proxecto.

Sobre o autor

Reply