Confirmado: Spotify sobe os prezos do seu plan individual

A finais de abril chegaron as primeiras informacións que apuntaban a que Spotify estaba a traballar nunha suba de prezos, que agora vén de facerse oficial. A compañía de anunciou o incremento dun euro no seu plan premium Indivual, que pasará a custar 11,99 euros ao mes a partir de setembro.

Polo momento, o resto de plans mantéñense sen cambios, polo que as usuarias teñen un total de catro alternativas para empregar o servizo de streaming musical máis popular do mercado:

  • Individual: 11,99 €/mes (sube un 1 €).
  • Estudantes: 6,49 €/mes (mantense).
  • Duo: 16,99 €/mes (mantense).
  • Familiar: 20,99 €/mes.

A compañía xustifica esta suba para “seguir innovando e mellorar a experiencia”, se ben o certo é que polo de agora non se incorporan novas funcións nin produtos. Iso si, Spotify pechou o 2024 sendo o primeiro ano que consegue beneficios, polo que semella que este movemento vai na liña de manter este camiño.

Malia esta suba, Spotify mantén o seu obxectivo de chegar ao 1.000 millóns de usuarias de pago, así como ir incorporando novas estratexias que inclúan o uso de intelixencia artificial, audiolibros ou o moi demandando son en alta fiabilidade.

Sobre o autor

Reply