Pepephone renova as súas tarifas móbiles cun enfoque máis continuísta que rompedor

A operadora Pepephone, unha das marcas do Grupo Másorange, vén de actualizar o seu catálogo de tarifas móbiles e converxentes cunha serie de cambios que, malia mellorar as condicións nalgúns plans, non supoñen unha revolución nin rompen co modelo actual. Máis ben, trátase dunha adaptación ás tendencias do mercado, igualando prestacións que xa ofrecen competidores como O2, Digi ou Lowi.

Novas tarifas de só móbil: máis datos polo mesmo prezo

Entre as principais novidades, Pepephone incorpora dúas novas tarifas de só móbil:

  • 20 GB por 7 euros/mes, con chamadas ilimitadas.
  • 100 GB por 15 euros/mes, tamén con chamadas ilimitadas.

Ambas inclúen datos acumulábeis, son compatíbeis con 5G, eSIM e Apple Watch, e permiten engadir MultiSIM por 3 euros ao mes. A primeira substitúe a unha tarifa anterior que ofrecía a metade de datos por un prezo lixeiramente superior, mentres que a segunda amplia a oferta intermedia entre os plans máis económicos e os máis premium.

Tras este cambio, o resumo dos plans de Pepepehone quedan como se amosa na seguinte táboa

DatosChamadasSMSStreamingRoaming UEPrezo/mes
7,3 cts/min10,89 cts.0 €
20 GBIlimitadas10,89 cts.8,9 GB7 €
40 GBIlimitadas10,89 cts.12,71 GB10 €
100 GBIlimitadas10,89 cts.19,07 GB15 €
150 GBIlimitadasIlimitados25,43 GB20 €
219 GBIlimitadasIlimitadosNetflix32,93 GB24,90 €
219 GBIlimitadasIlimitadosAmazon Prime32,93 GB25,90 €
219 GBIlimitadasIlimitadosNetflix + Prime32,93 GB28,90 €

Nova tarifa de fibra e móbil por 38 € ao mes

No ámbito das tarifas converxentes, a principal novidade é a incorporación dun plan que inclúe fibra simétrica de 1 Gb, 120 GB acumulábeis e chamadas ilimitadas no móbil por 38 €/mes.

Este novo plan sitúase entre os máis competitivos do mercado para usuarias que buscan unha boa velocidade de conexión e unha cantidade considerábel de datos móbiles, sen sumar servizos de televisión.

Con el, o catálogo completo de tarifas converxentes fibra + móbil de Pepephone queda do seguinte xeito:

FibraMóbilTVPrezo/mes
300 Mb50 GB + ilimitadas30 €
600 Mb50 GB + ilimitadas35 €
1 Gb120 GB + ilimitadas38 €
600 Mb60 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix45 €
600 Mb60 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix + Prime49 €
1 Gb350 GB + ilimitadasPepeTV50 €
600 Mb60 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix + HBO Max53 €
600 Mb60 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix + Prime + HBO56 €
1 Gb375 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix56 €
1 Gb375 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix + Prime58 €
1 Gb375 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix + HBO Max64 €
1 Gb375 GB + ilimitadasPepeTV + Netflix + Prime + HBO65 €

Todos os plans inclúen descodificador 4K gratuíto (se levan PepeTV), non dispoñen de permanencia e teñen a posibilidade de engadir teléfono fixo por 3 euros ao mes coa “caixa de voz á Pepe”.

Máis evolución ca revolución

Como comentamos ao comezo do artigo, as novas tarifas de Pepephone representan unha posta ao día lóxica e necesaria, máis que unha aposta innovadora. A operadora mantén a súa filosofía sen permanencias e prezos razoábeis, pero sen destacar especialmente fronte aos competidores máis agresivos.

A incorporación de novos tramos intermedios permite axustarse mellor ás necesidades reais das usuarias, pero será difícil captar novos clientes sen dar un paso máis aló no diferencial de valor.

Sobre o autor

Reply