SPC HARMONY 2: o ‘dumbphone’ para maiores faise máis resistente

Sempre estamos a pensar nas novidades que incluirán as novas versións das nosas series de móbiles favoritos. Porén, tamén hai todo un mundo entre os teléfonos non-intelixentes (os chamados “dumbphones”) que se actualiza, incorporando melloras xeración tras xeracións. É o caso do SPC HARMONY 2, que vén de ser anunciado. Un dispositivo que é máis resistente, máis seguro e que conta con melloras que facilitan a comunicación diaria.

A nova versión do teléfono emblemático de SPC incorpora pantalla máis grande antirabuñaduras, resistencia a auga e po IP44, botón SOS, perfil ICE para emerxencias médicas e conectividade 4G para manter o contacto en todo momento.

Máis durabilidade e comodidade no uso diario

O SPC HARMONY 2 está pensado para durar. A súa pantalla principal de 2,8″ e a secundaria de 1,77″ están fabricadas con cristal resistente a rabuñaduras (dureza 4 Mohs) e ofrecen unha visibilidade óptima tanto en interiores como en exteriores. A estrutura reforzada soporta ata 45 caídas e a protección IP44 garante resistencia a salpicaduras e po.

A batería proporciona ata 9 días de autonomía en uso estándar e 11 horas de conversa continuada. Inclúe base de carga para recargas máis sinxelas e conector USB-C, perfecto para viaxes ou segundas residencias.

Seguridade avanzada con botón SOS e perfil ICE

O HARMONY 2 integra o perfil ICE (In Case of Emergency), que garda datos médicos clave como grupo sanguíneo, idade ou contacto de urxencia, accesibles cunha soa tecla.

En caso de emerxencia, o botón SOS traseiro chama automaticamente a ata cinco contactos predefinidos e envía unha mensaxe de alerta personalizada. Ademais, activa o mans libres para facilitar a comunicación.

Co sistema SMART HELP, os familiares poden configurar o móbil a distancia por SMS, activar o timbre intelixente ou recibir avisos se se detecta inactividade no dispositivo.

Pensado para ver, escoitar e comunicar mellor

As teclas XL con función parlante pronuncian en voz alta os números marcados, evitando erros e facilitando o uso a persoas con visión reducida. Tamén é posible asignar imaxes a contactos frecuentes e configurar memorias directas para chamadas rápidas.

O son alcanza ata 104 decibelios e a compatibilidade con audífonos (HAC) garante chamadas claras e sen interferencias.

Prezo e dispoñibilidade

O SPC HARMONY 2 xa está dispoñible por 79,90 €, en cor negro ou branco.

Coa súa combinación de resistencia, seguridade e facilidade de uso, o SPC HARMONY 2 consolídase como un dos móbiles para maiores máis interesantes, ideal para quen busca tranquilidade, autonomía e comunicación sen complicacións.

Este artigo contén enlace de afiliados. Se mercas o dispositivo, a ti sáeche ao mesmo prezo, e nós recibimos unha pequena comisión que nos axuda a manter este proxecto.

Sobre o autor

Reply