A operadora O2, a segunda marca de Telefónica, vén de realizar unha profunda renovación da súa oferta comercial. Os cambios chegan tanto ás tarifas de só móbil como ás combinacións de fibra e móbil, cunha aposta clara por dar moitos máis datos ao mesmo prezo e simplificar o catálogo de fibra, eliminando a opción de 300 Mbps.
Deste xeito, o punto de partida na fibra fixa sitúase agora nos 600 Mbps simétricos, deixando atrás a modalidade máis económica que permitía contratar fibra e móbil por 30 € ao mes.
Novas tarifas móbiles de O2: máis datos por menos
A compañía reforza a súa aposta polo móbil, incluíndo chamadas ilimitadas e un notábel incremento nos datos dispoñíbeis:
- 50 GB por 7 € ao mes (antes 20 GB).
- 100 GB por 10 € ao mes (antes 40 GB).
- 150 GB por 15 € ao mes (antes 100 GB).
- 300 GB por 20 € ao mes (antes 150 GB).
Con estes cambios, O2 sitúase como unha das operadoras con mellor relación entre prezo e datos no mercado español, e máis aínda se temos en conta que ofrece acceso á rede 5G+ de Movistar, a máis avanza e rápida que se pode desfrutar actualmente no mercado español.
Fibra e móbil en O2: novas opcións
O2 tamén retocou a súa oferta de combinados de fibra e móbil. Como fai desde os seus inicios, todas as tarifas de fibra inclúen teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles, e diferentes opcións de velocidade e franquía de datos móbiles. Tras os últimos cambios, as opcións quedan deste xeito:
- 35 €/mes: 600 Mbps + dúas liñas móbiles con chamadas ilimitadas (40 GB e 10 GB).
- 35 €/mes: 600 Mbps + unha liña móbil con 60 GB.
- 38 €/mes: 1 Gbps + unha liña móbil con 120 GB.
Ademais, O2 potencia os seus paquetes converxentes que inclúen televisión:
- 35 €/mes: fibra 600 Mbps + móbil con 35 GB + Movistar Plus+.
- 45 €/mes: fibra 600 Mbps + móbil con 60 GB + Movistar Plus+ e Netflix.
- 50 €/mes: fibra 1 Gbps + móbil con 350 GB + Movistar Plus+.
- 56 €/mes: fibra 1 Gbps + móbil con 375 GB + Movistar Plus+ e Netflix.
Simplificar a oferta e competir: os dous obxectivos de O2
Coa eliminación da fibra de 300 Mbps e o forte aumento dos datos móbiles, O2 busca simplificar a súa oferta e competir de fronte co resto de operadoras. Agora, tanto quen queira só unha liña móbil como quen precise un paquete completo con fibra, fixo e televisión, ten opcións máis atractivas e con mellor relación calidade-prezo.

Isto é unha suba de prezos clarísima, nada de calidade prezo