O motorola razr 60 ultra e o edge 60 pro estrenan optimización de cámara para Instagram

As usuarias de Motorola teñen desde estes días novas ferramentas para sacar o máximo proveito das súas fotos e vídeos en Instagram. Tanto o motorola razr 60 ultra como o motorola edge 60 pro incorporan optimizacións que permiten publicar contido con maior calidade visual e novas posibilidades creativas.

O motorola razr 60 ultra, o smartphone encartábel da compañía, dá un salto máis na integración con Instagram. Agora a aplicación é compatíbel co modo portátil, o que aproveita o deseño Flex View do dispositivo para facer fotos e vídeos desde múltiples ángulos, selfies sen mans ou gravacións estilo vlog, todo sen saír de Instagram.

Outra das grandes novidades é a posibilidade de publicar imaxes con Ultra High Dynamic Range (UHDR) directamente na plataforma. Este modo ofrece luces máis brillantes, sombras máis profundas e tons moito máis realistas. Así, as fotos e vídeos captados co razr 60 ultra manterán en Instagram a mesma calidade UHDR coa que se ven na súa pantalla.

Mesmo é posible capturar fotos UHDR directamente desde a app de Instagram, sen necesidade de pasar pola cámara nativa, o que supón unha experiencia máis rápida e integrada.

O motorola edge 60 pro tamén se beneficia destas melloras. Neste caso, os usuarios poden facer unha foto coa cámara nativa de Motorola e compartila en Instagram sen perder a intensidade do UHDR. O resultado son imaxes con cores vivos, brillantes e cheos de matices, pensados para destacar nos feeds e stories da rede social.

Con estas novidades, Motorola reforza a súa posición como marca enfocada en ofrecer ferramentas para creadores de contido e amantes da fotografía móbil. Tanto os usuarios do razr 60 ultra como do edge 60 pro poden agora gozar dunha experiencia máis completa en Instagram, publicando fotos e vídeos con máis calidade e novas formas de expresarse.

Sobre o autor

Reply