DOOGEE V Pad 5G: a nova tablet versátil que combina traballo e entretemento

A nova DOOGEE V Pad 5G chega ao mercado coa intención de converterse nunha das tablets máis versátiles da súa categoría. Pensada para usuarias que buscan un dispositivo lixeiro, con boa autonomía e un rendemento equilibrado, este modelo promete ser unha alternativa competitiva fronte ás opcións premium que, nalgúns casos, superan os mil euros.

DOOGEE V Pad 5G: principais características técnicas

O dispositivo incorpora unha pantalla de 12 polgadas con resolución 2,4K, ideal para traballar con varias ventás abertas ou gozar de series e películas con gran detalle. Os marcos reducidos de 7 mm melloran a inmersión visual, mentres que o sistema de catro altofalantes de 122 dB garante un son potente e nítido, perfecto para videoconferencias, clases en liña ou consumo multimedia.

No seu interior, a DOOGEE V Pad 5G monta un procesador MediaTek D7050 5G, suficiente para multitarefa, edición de documentos e reprodución en alta resolución. Parte de 8 GB de RAM físicos, pero permite expandilos ata 32 GB combinando memoria virtual, ofrecendo fluidez mesmo con varias aplicacións abertas. Ademais, inclúe 256 GB de almacenamento interno, ampliábeis ata 2 TB con microSD, algo cada vez menos habitual nas tablets actuais.

Outro dos puntos fortes é a súa batería de 8.800 mAh, que garante máis de 6 horas de reprodución de vídeo e unha xornada de traballo sen depender do cargador. Ofrece carga de 18 W, función de carga inversa para recargar outros dispositivos, ademais de resistencia a temperaturas extremas de até -10 ºC.

Chega co Android 15 de serie, garantindo compatibilidade coas últimas aplicacións e actualizacións de seguridade. Tamén integra ferramentas con intelixencia artificial para optimizar procesos e un detalle cada vez menos común: radio FM integrada, funcional incluso sen conexión a internet.

En canto a deseño, a DOOGEE V Pad 5G aposta por un corpo fabricado en aliaxe metálica de calidade aeroespacial, o que lle dá resistencia e aspecto premium sen renunciar á lixeireza. Cun peso de só 572 gramos e un grosor de 7,9 mm, é unha tablet fácil de levar na mochila ou no bolso. A súa estética profesional e moderna fai que encaixe tanto nunha oficina como nun espazo de ocio.

DOOGEE V Pad 5G: dispoñibilidade e prezo

A DOOGEE V Pad 5G sitúase como unha opción pensada para quen busca equilibrio entre traballo, mobilidade e entretemento. Cun prezo oficial de arredor de 330 €, xa se pode atopar con descontos en tendas como AliExpress, onde está dispoñíbel por menos de 265 €.

Sobre o autor

Reply